A Policía Local de A Pobra corta un treito do paseo dos Areos ante o risco de derrubamento

Os axentes municipais e Protección Civil levaron a cabo o precintado e valado dun treito de 300 metros para evitar o paso de viandantes. A Policía Local da Pobra ampliou, esta mañá, a zona cortada do paseo dos Areos. O treito afectado, duns 300 metros, é o situado entre o cruzamento coa rúa Luis Seoane […] Os axentes municipais e Protección Civil levaron a cabo o precintado e valado dun treito de 300 metros para evitar o paso de viandantes. A Policía Local da Pobra ampliou, esta mañá, a zona cortada do paseo dos Areos. O treito afectado, duns 300 metros, é o situado entre o cruzamento coa rúa Luis Seoane  

Os axentes municipais e Protección Civil levaron a cabo o precintado e valado dun treito de 300 metros para evitar o paso de viandantes.

A Policía Local da Pobra ampliou, esta mañá, a zona cortada do paseo dos Areos. O treito afectado, duns 300 metros, é o situado entre o cruzamento coa rúa Luis Seoane e o de Venecia. Trátase dunha medida adoptada tras unha inspección realizada, esta mañá, polo arquitecto municipal na que se determinou que os danos que sufría esta zona podían ser superiores aos que se consideraba inicialmente.

Tal e como se determina no informe da Policía Local, algunhas das lousas dos Areos están levantadas, o que podería supor un risco de derrubamento. Para minimizar calquera perigo aos viandantes, os axentes municipais e Protección Civil realizaron os labores de precintado e de colocación de valado tanto no paseo como en parte do areal.

O Concello remitirá, proximamente, un informe á Xunta de Galicia para que se proceda ao seu arranxo á maior brevidade. 

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas