Na quenda da tarde deste martes 15 de abril os axentes da Policía Local de Rianxo recibiron o aviso de que unha persoa se atopaba xunto á entrada dun establecemento hostaleiro no entorno da praza de Castelao (Rianxo), portando un obxecto punzante metálico e mostrando unha actitude que xeraba unha situación perigosa. Trasladados ao lugar […] Na quenda da tarde deste martes 15 de abril os axentes da Policía Local de Rianxo recibiron o aviso de que unha persoa se atopaba xunto á entrada dun establecemento hostaleiro no entorno da praza de Castelao (Rianxo), portando un obxecto punzante metálico e mostrando unha actitude que xeraba unha situación perigosa. Trasladados ao lugar

Na quenda da tarde deste martes 15 de abril os axentes da Policía Local de Rianxo recibiron o aviso de que unha persoa se atopaba xunto á entrada dun establecemento hostaleiro no entorno da praza de Castelao (Rianxo), portando un obxecto punzante metálico e mostrando unha actitude que xeraba unha situación perigosa.
Trasladados ao lugar e unha vez localizada e identificada esta persoa, cando se ía a proceder a realizárselle un rexistro superficial, desobedeceu as ordes dos axentes e resistiuse á actuación policial, polo que se tivo que proceder á súa detención.
Finalmente a esta persoa foille intervida unha tesoira metálica punzante que tiña oculta.
Procedeuse tamén á instrución das dilixencias oportunas e fíxoselle entrega da persoa detida á Garda Civil para a súa posta a disposición xudicial.
Barbanza-Arousa | O Barbanza