O domingo 6 de abril axentes de garda da Policía Local de Ribeira citaron para comparecer en xuízo rápido a tres ocupantes dun inmóbel de Santa Uxía como supostos autores dun delito de usurpación de vivenda ao seu lexítimo titular. Trala vista, a xuíz decretou o desaloxo cautelar destas persoas, o cal tivo realizouse na […] O domingo 6 de abril axentes de garda da Policía Local de Ribeira citaron para comparecer en xuízo rápido a tres ocupantes dun inmóbel de Santa Uxía como supostos autores dun delito de usurpación de vivenda ao seu lexítimo titular. Trala vista, a xuíz decretou o desaloxo cautelar destas persoas, o cal tivo realizouse na
O domingo 6 de abril axentes de garda da Policía Local de Ribeira citaron para comparecer en xuízo rápido a tres ocupantes dun inmóbel de Santa Uxía como supostos autores dun delito de usurpación de vivenda ao seu lexítimo titular. Trala vista, a xuíz decretou o desaloxo cautelar destas persoas, o cal tivo realizouse na mañá deste luns 14 de abril, restituíndo ao propietario do inmóbel os dereitos sobre a súa propiedade.

Os axentes lembran que a Lei Orgánica 1/2025, de 2 de xaneiro, de medidas de eficiencia do Servizo Público da Xustiza, veu a modificar, entre outros, o artigo 795 da Lei de Axuizamento Criminal, de xeito que “dende o xoves 3 de abril os delitos de violación de morada, nos cales se protexe a vivenda e usurpación de inmóbeis, nos cales se protexe a propiedade, serán xulgados polo procedemento do xuízo rápido; non así os supostos de inquilinos debedores, cuxo desafiuzamento seguirá o procedemento actual pola vía civil”.
Esta modificación lexislativa procura unha maior coordinación entre a Policia Xudicial e os Xulgados á hora de combater a ocupación.

Barbanza-Arousa | O Barbanza