Axentes da Policía Local de Ribeira interviron a pasada semana nun accidente de circulación acontecido no acceso ao Club Náutico de Ribeira. Tras identificar ao condutor causante do sinistro e unha vez examinado o seu historial de infraccións e sancións, así como outras circunstancias concorrentes no accidente e nesta persoa, os axentes estableceron a necesidade […] Axentes da Policía Local de Ribeira interviron a pasada semana nun accidente de circulación acontecido no acceso ao Club Náutico de Ribeira. Tras identificar ao condutor causante do sinistro e unha vez examinado o seu historial de infraccións e sancións, así como outras circunstancias concorrentes no accidente e nesta persoa, os axentes estableceron a necesidade
Axentes da Policía Local de Ribeira interviron a pasada semana nun accidente de circulación acontecido no acceso ao Club Náutico de Ribeira.
Tras identificar ao condutor causante do sinistro e unha vez examinado o seu historial de infraccións e sancións, así como outras circunstancias concorrentes no accidente e nesta persoa, os axentes estableceron a necesidade de elevar ante a Xefatura Provincial de Tráfico a proposta de retirada da súa autorización administrativa para conducir, por perda das condicións esixíbeis para a súa obtención e mantemento.
Realizada dita proposta, será a DXT quen determine a necesidade de avaliación das aptitudes psicofísicas desta persoa polo Servizo Galego de Saúde, determinando con isto a súa idoneidade para a práctica da condución.
Segundo confirmou La Voz de Galicia, trátase da mesma persoa que foi denunciada no transcurso da última edición da Festa da Dorna levando sete persoas a xeito de “taxi ilegal”, dúas das cales eran menores de idade e ía non maleteiro.

Barbanza-Arousa | O Barbanza