A revista “Foro Galicia e Valle-Inclán” presentouse ao público da Pobra

O Foro Galicia e Valle-Inclán levou á Pobra do Caramiñal a segunda das actividades dentro do programa de actos para esta semana de novembro. Na tarde do xoves 21, o auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí foi escenario da presentación da revista de estudos sobre Valle-Inclán, Ano I, nº 1, con traballos de investigación […] O Foro Galicia e Valle-Inclán levou á Pobra do Caramiñal a segunda das actividades dentro do programa de actos para esta semana de novembro. Na tarde do xoves 21, o auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí foi escenario da presentación da revista de estudos sobre Valle-Inclán, Ano I, nº 1, con traballos de investigación  

O Foro Galicia e Valle-Inclán levou á Pobra do Caramiñal a segunda das actividades dentro do programa de actos para esta semana de novembro. Na tarde do xoves 21, o auditorio da Biblioteca Municipal Victoriano García Martí foi escenario da presentación da revista de estudos sobre Valle-Inclán, Ano I, nº 1, con traballos de investigación de Herminio Valdecañas, Víctor Viana e Xaquín del Valle-Inclán; unha edición bilingüe, en galego e castelán, con Rocío Viéitez Ferro como encargada da tradución.

Este número contou co patrocinio do Concello da Pobra do Caramiñal, representado na cita literaria polo alcalde, José Carlos Vidal, e pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo, acompañando ao presidente do dito foro, Xaquín del Valle-Inclán Alsina, e ao secretario da entidade e director do Museo Valle-Inclán pobrense, Antonio González.

Segundo explicaron, trátase dun proxecto literario de divulgación con rigorosidade académica que apoia a Administración local para seguir divulgando sobre a biografía e obra do autor. Neste senso, o Concello converteu recentemente o anterior auditorio, anexo á Torre de Bermúdez, en sala de exposición e centro de investigación. A maiores, reformulouse a coñecida como sala de Iconografía Contemporánea. Tanto o rexedor como a edil referíronse ao neto e investigador como protector da institución museística pobrense pola cesión de bens e continua colaboración. Quixeron agradecer tamén a elección da Pobra como localidade para a estrea desta publicación e trasladaron o respaldo a sucesivas iniciativas que sigan poñendo en valor o ronsel valleinclaniano.

O público asistente recibiu como agasallo cadanseu exemplar da revista de maneira gratuíta, se ben a partir de agora estará á venda.

Xa no martes 19 celebrouse unha homenaxe cívica á memoria de Josefina Blanco Tejerina e Joaquín del Valle-Blanco, muller e fillo do literato, no cemiterio de Santa Mariña de Dozo, en Cambados.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas