O Auditorio Municipal de Rianxo acolle o vindeiro venres día 25 de outubro a presentación da novela A miña vida noutro lugar da autora rianxeira Rosa Suárez Redondo. A escritora local estará acompañada no Auditorio pola tamén escritora M. Carmen Caramés Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rei e o concelleiro de Cultura, […] O Auditorio Municipal de Rianxo acolle o vindeiro venres día 25 de outubro a presentación da novela A miña vida noutro lugar da autora rianxeira Rosa Suárez Redondo. A escritora local estará acompañada no Auditorio pola tamén escritora M. Carmen Caramés Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rei e o concelleiro de Cultura,
O Auditorio Municipal de Rianxo acolle o vindeiro venres día 25 de outubro a presentación da novela A miña vida noutro lugar da autora rianxeira Rosa Suárez Redondo. A escritora local estará acompañada no Auditorio pola tamén escritora M. Carmen Caramés Gorgal, o escritor e investigador Xosé Ramón Brea Rei e o concelleiro de Cultura, Julio Alcalde.
Publicada pola editorial noiesa Toxosoutos, A miña vida noutro lugar é unha apaixonante novela que nos conta a historia dunha galega na emigración, Mercedes, que volve dos Estados Unidos embarazada dunha filla, Indira, á que nunca lle desvelou a identidade do seu pai. Tres décadas transcorren entre esa viaxe de ida e volta de Ribadomar a Denver, para cursar estudos universitarios, e a de Indira, quen segue as pegadas da súa nai e regresan de América con información inesperada e reveladora.
Barbanza-Arousa | O Barbanza