A segunda xornada de “Degusta A Coruña” chega a Boiro e Padrón

A segunda xornada de Degusta A Coruña comezou hoxe en Herbón, cunha visita ás tradicionais pesqueiras do río Ulla. Os asistentes ao congreso itinerante, promovido pola área de turismo da Deputación da Coruña, puideron coñecer de primeira man o ciclo de vida da lamprea, dende como vive e se reproduce ata onde se pesca. O […] A segunda xornada de Degusta A Coruña comezou hoxe en Herbón, cunha visita ás tradicionais pesqueiras do río Ulla. Os asistentes ao congreso itinerante, promovido pola área de turismo da Deputación da Coruña, puideron coñecer de primeira man o ciclo de vida da lamprea, dende como vive e se reproduce ata onde se pesca. O  

A segunda xornada de Degusta A Coruña comezou hoxe en Herbón, cunha visita ás tradicionais pesqueiras do río Ulla. Os asistentes ao congreso itinerante, promovido pola área de turismo da Deputación da Coruña, puideron coñecer de primeira man o ciclo de vida da lamprea, dende como vive e se reproduce ata onde se pesca.

O gardarríos do Ulla, José Manuel Freire, e Eduardo Blanco, propietario dunha pesqueira, compartiron a súa experiencia e coñecemento sobre a lamprea e o seu hábitat no Ulla. Explicaron as artes de pesca tradicionais, o percorrido da lamprea ao longo do río e os métodos de captura que manteñen viva unha actividade centenaria. Esta actividade permitiu aos participantes descubrir en profundidade tanto os aspectos biolóxicos como culturais que rodean á lamprea, ofrecendo unha experiencia única e de grande valor patrimonial.

O congreso continuou no Pazo de Goiáns, no municipio de Boiro, cunha mesa redonda titulada “Os grandes descoñecidos: viños da IXP Barbanza e Iria, e Rías Baixas subzona Ribeira do Ulla”. A sesión contou cun panel de expertos do sector vitivinícola, entre os que se atopaban David Rial de Cazapitas, Paco Crusat de Adega Entre Os Ríos, Manolo Bandín de Bodegas Castellum Augusti, Nieves Millán de Bodega María Manuela e Juanjo Figueroa Treus de Agasu, que participou como mestre de cerimonias.

A actividade foi emitida por streaming, permitindo a un público máis amplo descubrir a calidade e singularidade destes viños que, a pesar da súa excelencia, son aínda pouco coñecidos. Os expertos compartiron a súa visión sobre os desafíos e oportunidades destes viños autóctonos, poñendo en valor o seu papel no mercado.

O vicepresidente, Xosé Regueira, salientou que “todo o que se dixo nesta xornada está perfectamente alineado coa nosa campaña ‘A provincia que sabe’: falouse de saberes, sabores, historia, tradición e territorio. Tamén de futuro e sustentabilidade”. Regueira destacou unha frase mencionada durante a mesa redonda: “ten que vir xente que valora a calidade”. Ese é “o principal eixo da nosa estratexia turística”, explicou. “Para que coman territorio, identidade, produtos que non van poder atopar en ningunha outra parte do mundo”.

Regueira tamén respaldou a reflexión sobre “a necesidade de preservar o medio e o patrimonio e de protexer a nosa identidade”, e puxo en valor a cadea agroalimentaria e o territorio. “Estamos nunha terra con produtos, produtores e cociñeiros de moita calidade, e temos tamén unha paisaxe que lle dá valor a todo isto”.

A xornada rematou cunha visita polas inmediacións do Pazo de Goiáns, onde os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer de preto a historia e o legado deste espazo histórico. Nunha visita guiada exploraron os seus lagares e descubriron o seu vínculo co mundo do viño, destacando a súa tradición vitivinícola.

Para xantar, celebrouse no pazo un cóctel maridaxe con produtos de proximidade e viños das IXP Barbanza e Iria e Rías Baixas subzona Ribeira do Ulla. A nota gastronómica puxérona os cociñeiros Luis Alijón de Nojira, José Sergade de La Muradana e Alberto Carou do Curral do Marqués.

Programa de mañá: Xeodestinos da Coruña e Costa da Morte

O congreso Degusta A Coruña continúa o seu percorrido celebrando unha xornada especial centrada nos xeodestinos da Coruña e a Costa da Morte. O evento terá lugar no Museo Muncyt de A Coruña e emitiranse en streaming todas as actividades da mañá, abertas ao público con acceso libre previa inscrición presencial ou en liña.

A programación da mañá inclúe os seguintes actos:

10:00h – 10:30h | ‘Amas da Terra’: Relatorio e proxección

A chef Lucía Freitas, recoñecida con 1 estrela Michelín no seu restaurante A Tafona, inaugurará a xornada cun relatorio onde reflexionará sobre o vínculo coas raíces culinarias e o valor da terra.

10:30 HORAS FOTO DE FAMILIA DE RELAT

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas