A visita dos Reis Magos á Pobra inclúe un percorrido polas parroquias (pola mañá) e a Cagalbata urbana (pola tarde)

O Concello da Pobra do Caramiñal compartiu a axenda de recepción das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente prevista para este 5 de xaneiro. A xornada arrancará ás 10.30 horas dende A Tomada (preto de onde era o restaurante O Liñar), lugar ata o que se desprazará o alcalde, José Carlos Vidal, para recibir […] O Concello da Pobra do Caramiñal compartiu a axenda de recepción das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente prevista para este 5 de xaneiro. A xornada arrancará ás 10.30 horas dende A Tomada (preto de onde era o restaurante O Liñar), lugar ata o que se desprazará o alcalde, José Carlos Vidal, para recibir  

O Concello da Pobra do Caramiñal compartiu a axenda de recepción das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente prevista para este 5 de xaneiro. A xornada arrancará ás 10.30 horas dende A Tomada (preto de onde era o restaurante O Liñar), lugar ata o que se desprazará o alcalde, José Carlos Vidal, para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar e á súa comitiva real. Deseguido, iniciarase o percorrido polas parroquias.

O desfile da mañá poderase seguir en directo a través do Facebook do Concello da Pobra do Caramiñal e, posteriormente, colgarase na canle de Youtube para o recordo.

Logo, as súas maxestades os Reis do Oriente collerán folgos para a tarde. Visitarán o centro de día e a Residencia de Maiores para, ás 17.30 horas, partir dende o Polideportivo Municipal de Venecia na tradicional Cabalgata polo núcleo urbano. A comitiva está composta por Trécola, Compañía Pablo Méndez e Barafunda Animación. Estas dúas últimas agrupacións será a primeira vez que participen.

O itinerario seguirá a carón do paseo dos Areos para facer unha breve parada no portal de Belén, disposto na praza Alcalde Segundo Durán, con motivo da ofrenda. Seguirase ata a rotonda da Covecha con dirección as rúas Díaz de Rábago, da Paz e Gasset ata a Casa do Concello, onde terá lugar o discurso e a recepción. En caso de chuvia, toda a acción da tarde concentrarase no dito Pavillón de Venecia.

Ao longo de toda a xornada repartiranse máis de 1.000 quilogramos de caramelos sen glute.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas