Este 27 de marzo a cantante galega Ugía Pedreira estará en Boiro, no Centro Social para presentar o seu novo traballo: Basal. Será este venres ás 20.30 horas. A presentación vén da man da Área de Cultura da Deputación da Coruña. O documental Basal é un traballo con guión e dirección da cantautora Ugia Pedreira […]
O artigo A xira de “Basal”, Ugía Pedreira, comeza este venres 27 en Boiro publicouse primeiro en O Barbanza. Este 27 de marzo a cantante galega Ugía Pedreira estará en Boiro, no Centro Social para presentar o seu novo traballo: Basal. Será este venres ás 20.30 horas. A presentación vén da man da Área de Cultura da Deputación da Coruña. O documental Basal é un traballo con guión e dirección da cantautora Ugia Pedreira
O artigo A xira de “Basal”, Ugía Pedreira, comeza este venres 27 en Boiro publicouse primeiro en O Barbanza.
Este 27 de marzo a cantante galega Ugía Pedreira estará en Boiro, no Centro Social para presentar o seu novo traballo: Basal. Será este venres ás 20.30 horas.

A presentación vén da man da Área de Cultura da Deputación da Coruña. O documental Basal é un traballo con guión e dirección da cantautora Ugia Pedreira e realizado por Óscar Górriz, responsábel tamén da realización, dirección de fotografía e montaxe.
O ciclo de proxeccións, que incluirá coloquio con Ugia, comezará esta semana en Boiro e percorrerá varias localidades até o mes de xuño.
Esta programación forma parte das actividades organizadas pola Deputación da Coruña con motivo do Día Internacional da Arte, que se conmemora cada 15 de abril.
Basal é un documental que retrata a vida da artista, coñecida como A Pedreira, e a relación coa súa filla Lua Awel, que ten parálise cerebral e mantén unha relación “curiosa e espléndida” coa música. O relato percorre diferentes momentos do proceso creativo e vital das dúas, incluíndo a participación de Lua na gravación do álbum tamén titulado Basal.
O proxecto preséntase como un formato de docudisco que convida a un paseo sonoro polas cancións da artista. A narración transita tamén pola casa familiar da Pedreira e polo canto da súa nai, Isabel, cantora popular de quen herdou o patrimonio musical galego da súa terra natal.
O documental incorpora tamén a participación en Nova York da música Cristina Pato, quen reflexiona sobre o papel da arte como un dereito e non como un privilexio. Nesta liña, o proxecto reivindica a importancia de promover actividades culturais accesíbeis para todos os públicos, independentemente das súas capacidades.
Precisamente, na súa preocupación por facer a cultura accesíbel, a Deputación organizará nos meses de abril e maio unhas xornadas orientadas a facilitar ferramentas para promover medidas de de accesibilidade nos proxectos e espazos culturais.
Calendario
27 marzo — Boiro, 20:30 h, Centro Sociocultural
14 abril — A Coruña, 19:00 h, Sala Leonardo (Domus)
15 abril — Santiago de Compostela, 19:00 h, Sala Mozart, Auditorio de Galicia
23 abril — Carral, 20:00 h, Casa da Cultura
24 abril — Muros, 20:30 h, Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil
28 abril — Ortigueira, 18:00 h, Teatro da Beneficencia
29 abril — Cee, 11:00 h, Auditorio Baldomero Cores, Casa da Cultura de Cee
8 maio — Arzúa, 20:00 h, Casa de Correos
16 maio — Ortigueira, 20:30 h, Teatro da Beneficencia
4 xuño — Vedra, 20:30 h, Centro Sociocultural
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
