A Xunta avalía novas parcelas para a futura residencia de maiores de Ribeira. O BNG di que “a Consellería levantou o castigo ao concello en canto cambiou de cor”

A Conselleira Fabiola García anuncia que a Xunta licitará cos orzamentos do 2026 o proxecto para a construcción da futura residencia de maiores de Ribeira para a que se reserva un millón de euros A Xunta de Galicia está a avaliar as novas propostas de parcelas remitidas polo Concello de Ribeira para construír a futura […] A Conselleira Fabiola García anuncia que a Xunta licitará cos orzamentos do 2026 o proxecto para a construcción da futura residencia de maiores de Ribeira para a que se reserva un millón de euros A Xunta de Galicia está a avaliar as novas propostas de parcelas remitidas polo Concello de Ribeira para construír a futura  

A Xunta de Galicia está a avaliar as novas propostas de parcelas remitidas polo Concello de Ribeira para construír a futura residencia de maiores da localidade, que formará parte da rede pública autonómica. Así o anunciou este venres a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, quen reafirmou “o compromiso do Goberno galego con este proxecto”, para o que se reserva un millón de euros nos orzamentos de 2026.

Durante unha visita a Ribeira, na que estivo acompañada pola alcaldesa María Sampedro, a conselleira explicou que a licitación do novo centro residencial “comezará tan pronto como os técnicos da Consellería completen a avaliación dos posibles emprazamentos propostos pola administración local”. García lembrou que o Executivo autonómico retoma así unha actuación considerada estratéxica, despois de desbotar a localización inicial nas Saíñas debido aos cambios na normativa estatal sobre zonas inundables introducidos trala DANA.

A responsábel autonómica agradeceu “a colaboración do Concello na busca de solucións e destacou que o novo equipamento mellorará a calidade de vida das familias e reforzará os coidados ás persoas maiores da localidade.

En referencia aos orzamentos da Xunta para 2026, aprobados recentemente polo Consello e que inician agora a súa tramitación parlamentaria, Fabiola García subliñou que poñen o foco na atención á dependencia e no coidado das persoas maiores. Segundo indicou, as novas contas “reforzan o labor impulsado este ano a través do plan de choque e do progresivo aumento da rede pública de prazas de atención residencial”.

Finalmente, a conselleira salientou que as políticas sociais gañan peso nos novos orzamentos autonómicos, co obxectivo de consolidar os avances dos últimos anos e de seguir facendo de Galicia “o mellor lugar para vivir, formar unha familia e facerse maior”.Mar estuda coa Confraría de Rianxo a revisión da regulación das capturas accidententais de molusco con arte de bou e un adianto da cota de sardiña.

O BNG di que “a Xunta utiliza os cartos públicos para chantaxear os concellos que non son da súa cor

Con motivo do anuncio e da visita de Fabiola García, o Bloque Nacionalista Galego emitiu un comunicado no que di que “a Xunta e a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, están a empregar os fondos públicos e os investimentos con fins partidistas e electoralistas, castigando aos concellos gobernados por outras forzas políticas e premiando aos que son da súa cor”.

No comunicado din tamén que a recente nota da Xunta na que se anuncia que “se reservará un millón de euros nos orzamentos de 2026 para licitar o proxecto da futura residencia de maiores de Ribeira” chega “despois de meses de parálise e de escusas inxustificadas por parte do Goberno galego”, un bloqueo que, segundo o BNG, “responde a intereses políticos e non técnicos, e amosa un trato discriminatorio cara aos concellos con gobernos diferentes ao PP”.

Indican tamén que “a visita realizada con fotografía incluída e difundida, da conselleira e a nova alcaldesa, é a mellor proba de que a Xunta mantivo paralizado o proxecto da residencia de Ribeira por motivos partidistas” e engaden que “mentres o BNG gobernou o Concello, o proxecto estivo bloqueado; agora, tras o cambio político, anuncian o mesmo investimento sen que haxa ningún avance real”.

O ex-alcalde e portavoz nacionalista, Luís Pérez Barral, lembrou que foi solicitada en “numerosas ocasións reunións coa consellería para desbloquear o proxecto que contaba toda a documentación requirida agás un último informe bloqueado por Aguas de Galiza”. Segundo explicou, fixéronse “cando menos unhas 13 peticións sendo todas ignoradas por Política Social”. Apuntou tamén que “o terreo das Saíñas cumpría todos os trámites, os informes eran favorábeis e o Concello fixo todo o que lle correspondía pero a Xunta paralizou a residencia con escusas falsas sobre unha normativa que non impide a construción da residencia no lugar e mesmo hai informes técnicos que demostran que o terreo é apto. Isto é usar os cartos públicos para manipular os resultados electorais e supón un castigo a toda a veciñanza”, denunciou Pérez Barral, ao tempo que sostivo que “os cartos públicos non poden empregarse como arma de chantaxe. O que a Xunta fixo con Ribeira é inadmisíbel: paralizar un proxecto esencial para as persoas maiores só porque o Concello estaba gobernado polo BNG. Agora que cambiou a cor política, fanse fotos e anuncios. É un insulto á veciñanza”, engadiu.

O BNG esixe que o Partido Popular deixe de usar a Xunta  para atender exclusivamente os seus fins partidistas e goberne para todos os galegos e galegas. “Hai que poñer fin a esta política de discriminación e debe actuar con transparencia, equidade e respecto institucional.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas