A Xunta avanza na ampliación da ETAP de Padrón co obxecto de rematar as obras nun ano e dar servizo a unha poboación de case 90.000 persoas

A semana pasada, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto con diversos representantes da Xunta e do Goberno local, visitaron as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) de Padrón. Esta actuación, que se prevé finalizar no primeiro trimestre de 2026, ten como […] A semana pasada, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto con diversos representantes da Xunta e do Goberno local, visitaron as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) de Padrón. Esta actuación, que se prevé finalizar no primeiro trimestre de 2026, ten como  

A semana pasada, a conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, e o alcalde de Padrón, Anxo Arca, xunto con diversos representantes da Xunta e do Goberno local, visitaron as obras de ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) de Padrón. Esta actuación, que se prevé finalizar no primeiro trimestre de 2026, ten como obxectivo ampliar a capacidade de abastecemento ata os 90.000 habitantes, beneficiando a dez concellos da ría de Arousa: Padrón, Dodro, Catoira, Valga, Ribeira, Pontecesures, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Rianxo e Vilagarcía de Arousa.

Na cita tamén estiveron presentes na visita a delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo; e o director de Augas de Galicia, Roi Fernández.

A conselleira, tras lembrar que Augas de Galicia ten asumida a xestión e explotación da rede de abastecemento en alta da marxe dereita da ría de Arousa, explicou que a execución destes traballos enmárcase no convenio de colaboración subscrito en decembro do ano 2022 entre o organismo hidráulico e o Concello de Padrón e “suporá un investimento de arredor de 9 millóns de euros, entre custos da obra e dos servizos asociados, que achegará integramente o Executivo galego”.

Anxo Arca subliñou a importancia de garantir a calidade das augas do río Ulla, sinalando que “a captación de auga desta ETAP resulta fundamental para todos os pobos dende Padrón ata Ribeira e dende Padrón ata Vilagarcía de Arousa”. “Decenas de miles de galegas e galegos beberán da auga aquí procesada. Polo tanto, resulta máis necesario que nunca protexer o Ulla de proxectos que poidan poñer en risco a calidade da auga. Debemos salvagardar os nosos recursos hídricos así como o noso patrimonio natural. Vainos á saúde”, afirmou o rexedor.

A ETAP de Padrón, emprazada na ribeira do Ulla, na parroquia de Carcacía, está operativa desde 1996, polo que a súa ampliación era unha necesidade para garantir o abastecemento. A capacidade de tratamento actual da estación pasará de 450 litros por segundo ata os 610 l/s, un incremento do 40 % que permitirá mellorar o servizo de abastecemento tanto para uso civil como industrial.

Ademais do aumento de capacidade, a actuación incluirá a implantación dun sistema para a recuperación da auga de lavado de filtros, un tratamento de lodos, un sistema de control centralizado para integrar todos os equipos da planta, así como un circuíto de videovixliancia. Amais, acometeranse melloras estruturais nos depósitos de cabeceira do Casal, dotándoos dun sistema para medir o caudal de saída en continuo e dun sistema de monitoraxe da calidade da auga nos puntos de entrega en alta.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas