A Xunta de Galicia destinará o próximo ano 25,4 millóns de euros a continuar e impulsar diversas actuacións hidráulicas co obxectivo de mellorar a calidade das augas na ría de Arousa e beneficiar ás poboacións dos concellos situados en ambas as súas marxes. Así o anunciou esta mañá en Vilagarcía de Arousa a conselleira de […] A Xunta de Galicia destinará o próximo ano 25,4 millóns de euros a continuar e impulsar diversas actuacións hidráulicas co obxectivo de mellorar a calidade das augas na ría de Arousa e beneficiar ás poboacións dos concellos situados en ambas as súas marxes. Así o anunciou esta mañá en Vilagarcía de Arousa a conselleira de
A Xunta de Galicia destinará o próximo ano 25,4 millóns de euros a continuar e impulsar diversas actuacións hidráulicas co obxectivo de mellorar a calidade das augas na ría de Arousa e beneficiar ás poboacións dos concellos situados en ambas as súas marxes.
Así o anunciou esta mañá en Vilagarcía de Arousa a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante unha visita á Autoridade Portuaria, na que presentou os principais proxectos e investimentos de Augas de Galicia nas comarcas do Salnés e Barbanza incluídos nos orzamentos de 2026.

A titular autonómica puxo en valor o esforzo investidor que se realizará nesta área, que concentrará un de cada seis euros do orzamento total da administración hidráulica galega para o vindeiro exercicio. En total, as contas de Augas de Galicia ascenden a 151,7 millóns de euros, un 5,5 % máis que este ano, e consolidan o compromiso da Xunta coa mellora do abastecemento e saneamento tanto en núcleos rurais como en grandes aglomeracións urbanas.
Segundo explicou a conselleira, o investimento previsto permitirá asumir os custos de funcionamento das infraestruturas hidráulicas que actualmente dan servizo á veciñanza da ría (6,9 millóns) e continuar ou iniciar novas actuacións (18,5 millóns).
Entre os proxectos destacados figuran a mellora do saneamento de Vilanova-Cambados, cunha partida de 2 millóns de euros para 2026; e dúas obras dirixidas a optimizar o servizo de depuración de Vilagarcía, cun investimento conxunto de 1,1 millóns, que inclúe a mellora dos colectores municipais e a redacción e construción da nova estación depuradora (EDAR), cun orzamento global superior aos 31 millóns de euros.
Tamén se contemplan investimentos para mellorar o abastecemento na marxe dereita, coa finalización da ampliación da estación potabilizadora de Padrón (1,2 millóns), e na esquerda, coa licitación da ETAP do Salnés, dotada con 200.000 euros.
Ángeles Vázquez subliñou que as rías galegas son un elemento esencial para o desenvolvemento socioeconómico e ambiental de Galicia, e asegurou que a Xunta mantén o seu compromiso de garantir a calidade das augas da ría de Arousa.
Desde 2009, a administración autonómica mobilizou máis de 150 millóns de euros nesta ría —140 achegados pola Xunta—, o que permitiu poñer en marcha infraestruturas clave como as depuradoras de Ribeira, Corrubedo, Rianxo, O Grove, Tragove (Cambados) e Ribadumia.
Para continuar nesta liña, a conselleira avanzou que ata 2029 se mobilizarán outros 92 millóns de euros en proxectos en marcha e novos investimentos destinados a mellorar o abastecemento, o saneamento e a depuración en toda a ría de Arousa.
Barbanza-Arousa | O Barbanza