A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, presentou hoxe a Guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha publicación pioneira da Xunta que ten como obxectivo “poñer en valor este ecosistema único en Galicia para a conservación e a observación destas especies”. […]
O artigo A Xunta presenta unha guía pioneira sobre os anfibios e réptiles do Parque Natural de Corrubedo publicouse primeiro en O Barbanza. A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, presentou hoxe a Guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha publicación pioneira da Xunta que ten como obxectivo “poñer en valor este ecosistema único en Galicia para a conservación e a observación destas especies”.
O artigo A Xunta presenta unha guía pioneira sobre os anfibios e réptiles do Parque Natural de Corrubedo publicouse primeiro en O Barbanza.

A directora xeral de Patrimonio Natural, Marisol Díaz, presentou hoxe a Guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, unha publicación pioneira da Xunta que ten como obxectivo “poñer en valor este ecosistema único en Galicia para a conservación e a observación destas especies”.
A directora xeral explicou que a guía foi elaborada polo profesor e investigador da Universidade da Coruña Pedro Galán e recolle os resultados de máis de tres décadas de seguimento científico neste espazo natural. O traballo inclúe fichas detalladas de preto de 30 especies, con fotografías dos seus distintos estados de desenvolvemento, mapas de distribución ou claves de identificación para os casos máis complexos, como poden ser as postas e as larvas dos anfibios.
Segundo os datos recollidos na publicación, no parque natural e na súa contorna inmediata están presentes 13 das 14 especies de anfibios que habitan en Galicia (o 93% do total) e outras 13 das 26 especies de réptiles (o 50%). Esta riqueza converte a Corrubedo, segundo salientou Marisol Díaz, nun dos enclaves de maior interese do país para a conservación e a observación destes animais.
Destaca especialmente a presenza do sapo de esporóns (Pelobates cultripes) e o sapoconcho común (Emys orbicularis) por ser as especies máis ameazadas de anfibios e réptiles, respectivamente. Ademais, incorpora tamén tres grupos de tartarugas mariñas, o que constata que o ámbito natural do parque non remata estritamente na liña de costa. De feito, en Corrubedo coinciden especies de tres grandes procedencias bioxeográficas: eurosiberianas, mediterráneas e endémidas do noroeste ibérico. A posición do parque, na fachada atlántica central de Galicia, é o que converte este espazo natural precisamente nun punto de encontro entre faunas diferentes.
A directora xeral destacou este documento como “un traballo pioneiro e de gran valor para a biodiversidade galega, xa que ata hai ben pouco estas especies apenas espertaban interese na sociedade, máis aló do desagrado ou o temor que en ocasións chegaban a suscitar e subliñou o compromiso do Goberno galego coa divulgación e a conservación do patrimonio natural”.
A Guía dos anfibios e réptiles do Parque Natural do Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán, editada pola Xunta de Galicia, estará dispoñíbel para a súa consulta e descarga a través da páxina web da Dirección Xeral de Patrimonio Natural.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
