A XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz vén con tres días de celebracións: entre o 14 e o 16 de agosto

O Concello de Boiro colabora coa organización da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz- Boiro que celebra a XVIII edición desta festa gastronómica os días 14, 15 e 16 de agosto. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto con Abel Sanchez, presidente da Exaltación do Mexillón, e […]
O artigo A XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz vén con tres días de celebracións: entre o 14 e o 16 de agosto publicouse primeiro en O Barbanza. O Concello de Boiro colabora coa organización da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz- Boiro que celebra a XVIII edición desta festa gastronómica os días 14, 15 e 16 de agosto. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto con Abel Sanchez, presidente da Exaltación do Mexillón, e
O artigo A XVIII Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz vén con tres días de celebracións: entre o 14 e o 16 de agosto publicouse primeiro en O Barbanza.  

O Concello de Boiro colabora coa organización da Exaltación do Mexillón de Cabo de Cruz- Boiro que celebra a XVIII edición desta festa gastronómica os días 14, 15 e 16 de agosto. A concelleira de Cultura, María Outeiral, participou na presentación do programa de actividades xunto con Abel Sanchez, presidente da Exaltación do Mexillón, e outros membros da organización.

Esta cita, que se volveu recuperar logo de varios anos nos que non se celebrou, ten como finalidade promover o mexillón das rías galegas, buscando levar mais lonxe un produto habitual da dieta dos galegos e galegas, sumado ao alto número de postos de traballo directos e indirectos que xera na comunidade autónoma. “Hai tres anos que recuperamos esta cita e seguimos apostando pola calidade e por promover e poñer en valor o noso produto”, afirmou Abel.

As actividades comezan o venres 14 cunha novidade, o pregón a cargo de Gerardo Triñanes, e continuarán cun espectáculo de circo para rapazada, a degustación do mexillón en tres variedades e o concerto de Luis Fercán.

O sábado as actividades comezan pola mañá, ás 11.30 horas, cunha charla sobre Desafíos e oportunidades para o cultivo do mexillón impartida polo investigador do CIIMAR, Sergio Fernández Boo; e cunha demostración de Alberto Lareo.

Haberá sesión vermú coa actuación de Xoubas e degustación de tapas elaboradas a base de mexillón. Xa pola tarde, a partir das 20.30 horas haberá un showcooking de Iago Pazo; degustación de marmitako de mexillóns e mexillóns ao vapor e actuación de musical de Versionettes.

O domingo 16 será o día grande co menú degustación en catro elaboracións da XVIII Exaltación do Mexillón que mestura elaboracións tradicionais con outras máis innovadoras e actuación do grupo O Ar de Loureda.

Para contribuír á promoción do mexillón durante toda a semana o Concello de Boiro adquire mais de 3.000 quilos de mexillóns para repartir nos locais hostaleiros de Boiro e que, durante toda a semana, sirvan tapas de mexillón gratuítas en distintas elaboracións.

A concelleira de Cultura, María Outeiral, animou á veciñanza a “sumarse a esta celebración que mestura gastronomía e cultura para celebrar o noso produto, que é o mellor mexillón de Galicia, e que ademais é un dos motores económicos máis importantes do noso pobo”.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas