ABE e BarbanTEA promoven a sensibilización empresarial sobre o Trastorno do Espectro Autista (TEA)

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) e a Asociación BarbanTEA de Trastornos do Espectro Autista (TEA) do Barbanza asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA, así como sensibilizar ao tecido empresarial da comarca. O acordo, asinado por Daniel García Dosil, presidente de ABE, e […] A Asociación Boirense de Empresas (ABE) e a Asociación BarbanTEA de Trastornos do Espectro Autista (TEA) do Barbanza asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA, así como sensibilizar ao tecido empresarial da comarca. O acordo, asinado por Daniel García Dosil, presidente de ABE, e  

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) e a Asociación BarbanTEA de Trastornos do Espectro Autista (TEA) do Barbanza asinaron un convenio de colaboración co obxectivo de fomentar a inclusión social e laboral das persoas con TEA, así como sensibilizar ao tecido empresarial da comarca.

O acordo, asinado por Daniel García Dosil, presidente de ABE, e Patricia Davila Hermo presidenta de BarbanTEA, permitirá a posta en marcha de accións conxuntas que acheguen a realidade do TEA ás empresas da zona e promovan boas prácticas de inclusión.

Un paso adiante cara a inclusión

A través deste convenio, ambas as entidades comprométense a traballar en diferentes liñas de acción, entre elas:

-Sensibilizar ao empresariado sobre os trastornos do espectro autista.

-Facilitar formación e asesoramento ás empresas para mellorar a accesibilidade e inclusión laboral das persoas con TEA.

-Promover a inserción laboral dentro das empresas asociadas a ABE.

-Organizar obradoiros e charlas sobre comunicación inclusiva e accesibilidade no entorno laboral.

-Crear unha rede de empresas socialmente responsábeis comprometidas coa inclusión.

-Desenvolver campañas de concienciación e actividades de carácter social no municipio.

Primeira acción conxunta: un almorzo formativo para empresas

Como primeira acción tras a firma do convenio, ABE e BarbanTEA organizarán un almorzo formativo dirixido ás empresas da comarca. Durante esta sesión, ofrécense pautas e ferramentas prácticas para que os negocios poidan adaptarse e ser máis accesibles a clientes con TEA. O obxectivo deste encontro é concienciar e formar aos empresarios sobre como mellorar a experiencia de compra ou servizo para as persoas con TEA, creando espazos máis inclusivos e amigábeis para todos.

Un acordo con impacto social

“A colaboración entre o tecido empresarial e asociacións como BarbanTEA é clave para construír unha sociedade máis inclusiva e con igualdade de oportunidades”, destacou Daniel García Dosil trala sinatura do convenio.

Pola súa banda, Patricia Davila Hermo presidenta de BarbanTEA, que estivo acompañada no acto pola secretaria da entidade Milagros Torrado Cespón, subliñou a importancia de “implicar ás empresas na concienciación e na xeración de oportunidades laborais para as persoas con TEA, fomentando a súa autonomía e calidade de vida”.

Con esta alianza, ABE reforza o seu compromiso coa responsabilidade social empresarial, mentres que BarbanTEA amplía o seu alcance e posibilidades de apoio ás persoas con TEA e as súas familias na comarca do Barbanza.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas