Abertas as inscricións para participar na Carreira pola Diversidade de Ambar

Xa están abertas as inscricións da XI Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. As persoas interesadas terán ata o 6 de maio para facer a súa inscrición na páxina de Cronotec. A Carreira terá lugar o domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Despois da proba […] Xa están abertas as inscricións da XI Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. As persoas interesadas terán ata o 6 de maio para facer a súa inscrición na páxina de Cronotec. A Carreira terá lugar o domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Despois da proba  

Xa están abertas as inscricións da XI Carreira pola Diversidade da Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional. As persoas interesadas terán ata o 6 de maio para facer a súa inscrición na páxina de Cronotec. A Carreira terá lugar o domingo 11 de maio, ás 10:00h na explanada de Coroso, Ribeira. Despois da proba absoluta, desenvolveranse as probas infantís e tralo remate destas entregaranse os galardóns ás persoas premiadas nas distintas categorías.

A Carreira da Diversidade naceu no 2015. En palabras da asociación inclusiva Ambar, “a proba supuxo todo un avance na comarca ó tratarse dunha competición inclusiva que incluía as modalidades hand bike e cadeira de atletismo, excluídas na maioría das probas de Galicia”.

Mila López Vernet, Álvaro Illobre, Álex Ferradás e José Manuel de la Iglesia, deportistas paralímpicos, son asiduos á competición dende os seus inicios.

Así mesmo para a promoción da Carreira nas diferentes anualidades Ambar contou co respaldo de grandes atletas e deportistas como Desirée Vila, Fabián Roncero, Jesús de la Osa, Fernando Romay, Killian Jornet, Marta Arce, Sabela Pensado, Alberto Boo e Carlos Brión.

Dorsal 0

Para aquelas persoas que non poidan participar nalgunha das probas deportivas, está aberta en cronotec.es a posibilidade de colaborar co Dorsal 0 unha cota solidaria sen límite. A recadación obtida será destinada á organizar saídas e respiros familiares dentro da área de ocio, para que as persoas usuarias sigan desfrutando destas actividades á vez que se ofrece unha posibilidade de conciliación para as familias.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas