O Concello da Pobra e a Fundación Museo Valle-Inclán comunicaron que o prazo para presentar contribucións ao primeiro Concurso Fotográfico A vila que inspirou Don Severo Carballo de Victoriano García Martí (certame de fotografía que constitúe o punto de partida da sexta convocatoria dos Ciclos Victoriano García Martí) estará aberto até o día 20 deste […] O Concello da Pobra e a Fundación Museo Valle-Inclán comunicaron que o prazo para presentar contribucións ao primeiro Concurso Fotográfico A vila que inspirou Don Severo Carballo de Victoriano García Martí (certame de fotografía que constitúe o punto de partida da sexta convocatoria dos Ciclos Victoriano García Martí) estará aberto até o día 20 deste

O Concello da Pobra e a Fundación Museo Valle-Inclán comunicaron que o prazo para presentar contribucións ao primeiro Concurso Fotográfico A vila que inspirou Don Severo Carballo de Victoriano García Martí (certame de fotografía que constitúe o punto de partida da sexta convocatoria dos Ciclos Victoriano García Martí) estará aberto até o día 20 deste mes de abril, podendo optar as persoas participantes a dous premios en metálico.
Sendo que, a vila recreada polo escritor nesta novela (Don Severo Carballo) segue diante dos nosos ollos para ser redescuberta no tempo contemporáneo. Uns exemplos desta afirmación son a Torre Pazo dos Xunqueiras – Gasset, a igrexa do Xobre, a badía do Caramiñal, os derradeiros inmóbeis dos fomentadores catalás no barrio dos Areos, o culto dos mareantes na igrexa do Caramiñal, a contorna da igrexa de Santiago do Deán, a tradición do Nazareno, o antigo Campo da Feira, o Pazo do Couto, a antiga casa de Casto Dios en San Lázaro, o río das Pedras…
As persoas interesadas en participar teñen ao seu dispor exemplares desta novela, reeditada pola Concellaría de Cultura en 2020 para animar á súa lectura, en modalidade de préstamo na Biblioteca Municipal Victoriano García Martí e en entrega de balde, ata esgotar existencias, neste Museo Valle-Inclán onde, segundo fai saber o seu director, Antonio González Millán, “custodiamos o fondo de orixinais rescatado de don Victoriano”.
Como dixemos, a inscrición nesta iniciativa creativa realizarse enviando un correo electrónico ao Museo Valle-Inclán, sendo o prazo entre o 20 de marzo e o 20 de abril. Haberá dous premios, un primeiro de 300€ e un segundo de 100€ para os gañadores, e buscarase animar á participación da veciñanza. As fotografías serán con técnica libre, deberán reflectir espazos que aparezan na novela e poderanse achegar ata dúas fotografías por persoa. As bases do concurso están publicadas na páxina web da Concellaría de Cultura (apobra.gal/concellaria-de-cultura).
O certame encádrase no compromiso do Concello por reivindicar e visualizar o legado do xornalista e escritor local Victoriano García Martí, representante da intelectualidade libre pensadora da primeira metade do século XX. Autor prolífico e promotor da galeguidade alí onde tivese foro de opinión pública ou responsabilidades, escribiu textos literarios, políticos, filosóficos, divulgativos de intereses turístico e cultural, xornalísticos, nos que transmite a súa vocación europeísta, a súa reivindicación da unidade atlántica e o seu ideario republicano de carácter moderado.
Especialmente activo e militante nas décadas de 1920 e 1930, tendo sido un dos persoeiros galegos máis influentes nos círculos de debate de Madrid e as súas meditacións e ensaios publicados asuntos de permanente actualidade, sufriría as consecuencias do golpe de estado perpetrado contra o orde constitucional en 1936; sucesivamente, penado con anos de cadea durante a Guerra Civil e depurado profesionalmente durante a ditadura. Sometido ata o fin da súa vida a unha auto censura intelectual para sobrevivir.
Barbanza-Arousa | O Barbanza