Accidentes con feridos na Mámoa e en Salmón (Ribeira)

As dotacións de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) de Ribeira e máis do Parque Local de Bombeiros foron mobilizados este sábado 4 de abril ao mediodía polo CIAE 112 para intervir nun accidente de tráfico con feridos na DP-7305 no lugar da Mámoa (entre Carreira e Santa Uxía), en Ribeira. […]
O artigo Accidentes con feridos na Mámoa e en Salmón (Ribeira) publicouse primeiro en O Barbanza. As dotacións de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) de Ribeira e máis do Parque Local de Bombeiros foron mobilizados este sábado 4 de abril ao mediodía polo CIAE 112 para intervir nun accidente de tráfico con feridos na DP-7305 no lugar da Mámoa (entre Carreira e Santa Uxía), en Ribeira.
O artigo Accidentes con feridos na Mámoa e en Salmón (Ribeira) publicouse primeiro en O Barbanza.  

As dotacións de garda do Grupo de Emerxencias e Protección Civil Municipal (GAEM) de Ribeira e máis do Parque Local de Bombeiros foron mobilizados este sábado 4 de abril ao mediodía polo CIAE 112 para intervir nun accidente de tráfico con feridos na DP-7305 no lugar da Mámoa (entre Carreira e Santa Uxía), en Ribeira. No dispositivo, no que tamén participaron axentes da Policía Local, a Garda Civil de Tráfico e o 061 (Urxencias Médicas).

No accidente resultou ferido un motorista de 26 anos, que foi inmobilizado e levado ao Hospital do Barbanza na ambulancia asistencial do 061. Todo indica a que o cambio de rasante da Mámoa foi determinante no sinistro, ao complicar unha manobra de adiantamento levada a cabo polo piloto da motocicleta. O aviso ao 112 foi efectuado por un particular. O 061 mobilizou unha ambulancia de Soporte Vital Básico (SVB) con base en Ribeira. As manchas de combustíbel e aceite na calzada fixeron necesarios labores de limpeza por parte dos Bombeiros.

Por certo que os Bombeiros tamén interviron esta madrugada en Palmeira para sufocar un pequeno incendio nun contedor de lixo.

Ademais, na mañá deste domingo 5 de abril a dotación de garda dos Bombeiros de Ribeira tivo que intervir noutro accidente de tráfico con feridos na estrada AC-550 ó seu paso por Salmón na parroquia de Oleiros.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas