ACTEMSA, empresa referente en Galicia na importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e no procesado de túnidos eservizos de conxelación, recibiu este 10 de abril a visita nas súas instalacións do Polígono da Tomada (A Pobra do Caramiñal) de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Á […] ACTEMSA, empresa referente en Galicia na importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e no procesado de túnidos eservizos de conxelación, recibiu este 10 de abril a visita nas súas instalacións do Polígono da Tomada (A Pobra do Caramiñal) de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Á
ACTEMSA, empresa referente en Galicia na importación e exportación a nivel mundial de peixe conxelado e no procesado de túnidos e
servizos de conxelación, recibiu este 10 de abril a visita nas súas instalacións do Polígono da Tomada (A Pobra do Caramiñal) de Diego Calvo, conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia. Á súa chegada, visitou a factoría co equipo directivo de ACTEMSA, co seu fundador e
presidente honorífico Severino Escurís á fronte. Durante a visita institucional, Calvo coñeceu de primeira man os procesos e plans da compañía,
unha vez superada a crise global dos mercados pesqueiros, que afectou a moitas empresas operadoras e transformadoras. Respecto diso, o conselleiro da empresa da Pobra, José Luis Escurís destacou “que seguimos aquí, coa fortaleza de ser unha empresa familiar que opera en todo o mundo e inviste, crece e crea emprego na súa contorna”.

Lembrou que actualmente a compañía conta con 250 persoas en persoal e crea ademais 400 postos de traballo indirectos; e fundaméntase en seis eixes de desenvolvemento: innovación, transición enerxética, dixitalización, calidade, economía circular e Responsabilidade Social Corporativa. Escurís agradeceu a visita do conselleiro, porque “consideramos clave o apoio das administracións para o noso desenvolvemento, cunha aposta pola rastrexabilidade, a dixitalización dos nosos procesos, a sustentabilidade e a valorización do produto a través da economía circular”.
Pola súa banda, Diego Calvo agradeceu o convite e puxo en valor o potencial da industria galega de transformación de produtos do mar. Tamén trasladou o apoio do Goberno galego a este sector clave na economía de Galicia.

Máis de 30 anos de historia en evolución
ACTEMSA S.A. é unha empresa familiar fundada en 1994 por don Severino Escurís Batalla dedicada á importación e exportación a nivel global de peixes conxelados, así como ao procesado de túnidos. Así mesmo, achega servizos de conxelación e de asistencia técnica a empresas conserveiras
e pesqueiras. Situada no Polígono da Tomada, na Pobra do Caramiñal (A Coruña), comezou como comercializadora de pescados –túnidos en especial- e cefalópodos, para o que instalou as súas cámaras frigoríficas na Pobra, con compras por conta propia e servizos de frío a outras empresas da
zona. En 2000 iniciou a elaboración de lombos de atún, con destino a firmas conserveiras de toda Europa e actualmente, importa peixe das tres grandes áreas pesqueiras mundiais de atún: Latinoamérica, África e Asia.

Barbanza-Arousa | O Barbanza