O Concello da Pobra do Caramiñal informou da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022. Esta intervención focalízase na renovación do firme en tres vías do núcleo urbano, nas proximidades da Casa Consistorial, coa finalidade de que presenten un correcto estado para garantir o tránsito de vehículos […] O Concello da Pobra do Caramiñal informou da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022. Esta intervención focalízase na renovación do firme en tres vías do núcleo urbano, nas proximidades da Casa Consistorial, coa finalidade de que presenten un correcto estado para garantir o tránsito de vehículos
O Concello da Pobra do Caramiñal informou da adxudicación da pavimentación das rúas Manuel Murguía, Alexandre Bóveda e Rafael Dieste, financiada polo POS+2022. Esta intervención focalízase na renovación do firme en tres vías do núcleo urbano, nas proximidades da Casa Consistorial, coa finalidade de que presenten un correcto estado para garantir o tránsito de vehículos e persoas en condicións de seguridade.
Presentáronse 5 ofertas a este proceso e a execución da actuación recaeu en Construcciones Ponciano Nieto S.L., por un importe total de72.910’80 euros, cos impostos incluídos. O prazo de execución das obras estímase nun mes dende o inicio das mesmas.
Barbanza-Arousa | O Barbanza