Aguiño celebra a XX Semana Cultural Francisco Lorenzo Mariño coa conmemoración de dúas décadas da Asociación

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño anuncia a celebración da XX Semana Cultural, que coincidirá co 20º aniversario da fundación da entidade (2005-2025). O evento terá lugar os días 17, 18 e 19 de xaneiro no conservatorio de Aguiño, con actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía. Unha programación marcada pola historia e […] A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño anuncia a celebración da XX Semana Cultural, que coincidirá co 20º aniversario da fundación da entidade (2005-2025). O evento terá lugar os días 17, 18 e 19 de xaneiro no conservatorio de Aguiño, con actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía. Unha programación marcada pola historia e  

A Asociación Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño anuncia a celebración da XX Semana Cultural, que coincidirá co 20º aniversario da fundación da entidade (2005-2025). O evento terá lugar os días 17, 18 e 19 de xaneiro no conservatorio de Aguiño, con actividades gratuítas e abertas a toda a cidadanía.

Nesta edición especial, a Semana Cultural renderá homenaxe a varias efemérides significativas para a comunidade. Entre elas, destacan os 50 anos do equipo Xuventú Aguiño, cunha intervención a cargo do seu actual presidente, Xosé Manuel Vilas Álvarez. Tamén participará Xosé María Fernández Pazos, Cronista Oficial de Ribeira e autor do libro sobre a traxedia do Santa Isabel, recentemente reeditado. A presentación contará coa participación do alcalde de Ribeira, Luis Pérez Barral, e do vicepresidente da asociación organizadora, Unai González Suárez, quen inaugurarán oficialmente a programación.

Ademais, estará presente o patrón maior de Aguiño, José Antonio Santamaría, en representación da Confraría de Carreira e Aguiño, que recentemente celebrou o seu centenario (1924-2024). O acto rematará cunha actuación do grupo de pandereteiras “As sete linguas”, en homenaxe ás Letras Galegas 2024, dedicadas ás cantareiras galegas. A xornada concluirá cun ágape de fraternidade para todos os asistentes.

O sábado, a programación dará inicio ás 17:00 h cun acto no cemiterio do Son, onde se realizará unha ofrenda floral e se lerá un manifesto fronte á tumba de Francisco Lorenzo Mariño, acompañados de gaitas que interpretarán a Marcha do Antigo Reino de Galicia e o Himno Galego. Ás 19:00 h terá lugar unha misa polo 21º aniversario do pasamento de Francisco Lorenzo Mariño na Igrexa do Carme de Aguiño.

A xornada culminará ás 20:00 h no conservatorio de Aguiño co espectáculo de humor e música “Duo Vaguedades”, protagonizado por Isabel Risco e Fran Rei.

O domingo será dedicado aos máis pequenos e ás familias. Ás 17:30 h, Paco Nogueiras presentará o seu espectáculo “Son Animal”, que combinará música e diversión. Para rematar, todos os asistentes recibirán lambetadas e caramelos.

Apoios institucionais e empresariais

A asociación organizadora agradece a colaboración do Concello de Ribeira, a Deputación da Coruña, e empresas como CONRESA, Farmacia Mariño de Aguiño, Digar de Artes, Fabri Barbanza, Fripusa e Combustibles Puebla. Grazas a estes apoios, é posible manter o acceso libre e gratuíto aos actos.

Na presentación dos actos coa cartelería oficial, participaron Rosa Millet, Elvira Pisos (presidenta), Ramona Sampedro, Sara Reiriz e Josefa Suárez, membros da directiva da Asociación Francisco Lorenzo Mariño.

A Semana Cultural promete ser un evento de celebración, memoria e cultura para Aguiño e toda a comarca.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas