Aguiño servirá a mellor navalla de Galicia na súa festa gastronómica o 10 de agosto

Aguiño volverá converterse nun referente gastronómico coa celebración da IX Festa da Navalla, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto, a partir das 12:00 horas no Porto de Aguiño. A cita foi presentada hoxe polos concelleiros de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, e do Mar, Fernando Abraldes, xunto co presidente da Comisión de Festas de […] Aguiño volverá converterse nun referente gastronómico coa celebración da IX Festa da Navalla, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto, a partir das 12:00 horas no Porto de Aguiño. A cita foi presentada hoxe polos concelleiros de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, e do Mar, Fernando Abraldes, xunto co presidente da Comisión de Festas de  

Aguiño volverá converterse nun referente gastronómico coa celebración da IX Festa da Navalla, que terá lugar o vindeiro sábado 10 de agosto, a partir das 12:00 horas no Porto de Aguiño. A cita foi presentada hoxe polos concelleiros de Turismo, Francisco Suárez-Puerta, e do Mar, Fernando Abraldes, xunto co presidente da Comisión de Festas de Aguiño, Julio Abraldes.

O concelleiro de Turismo destacou a consolidación do evento:

“Xa é unha festa que está consolidada, e esperemos que pouco a pouco vaia alcanzando o nivel da Festa do Percebe”, declarou Suárez-Puerta, quen animou a veciñanza e visitantes a desfrutar dunha experiencia gastronómica de primeiro nivel.

Pola súa parte, Julio Abraldes, presidente da comisión organizadora, agradeceu o apoio das concellerías de Turismo e Mar, así como a colaboración da Cofradía de Pescadores de Carreira e Aguiño, que cede as instalacións do pósito para o desenvolvemento da festa. Tamén quixo poñer en valor o traballo dos navalleiros, que sairán ao mar o venres 8 de agosto para recoller en exclusiva o produto para a festa, ofrecéndoo, ademais, a un prezo especial.

A oferta gastronómica estará encabezada polas navallas, cun prezo de 13 euros por ración, con entre 12 e 13 unidades segundo o tamaño. Tamén se servirán sardiñas asadas, e o evento contará con música en directo e mesmo, segundo avanzou Julio Abraldes, podería celebrarse unha voda na propia carpa da festa.

O concelleiro do Mar, Fernando Abraldes, informou que se prevé a recollida de arredor de 450 quilos de navalla, extraídos na praia de Castro-Catía, e subliñou o esforzo dos profesionais por manter prezos populares, tendo en conta que a navalla se cotiza actualmente a 22 euros o quilo no mercado. Así mesmo, anunciou unha achega de 4.000 euros da Concellería do Mar para colaborar co evento.

Os fondos recadados coa festa destinaranse á organización das festas do Carme de Aguiño do próximo ano, mantendo así o espírito colaborativo e festivo da comunidade.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas