A Asociación Cultural Taller Alecrín e o Club Deportivo Alecrín poñen en marcha dende o 16 ao 30 de setembro unhas xornadas con obradoiros de baile gratuítos para adultos en colaboración con diferentes entidades das bisbarras de Santiago, Barbanza, Padrón e Valga. Cada xornada contará con dous talleres dunha hora: Linedance para singles que queiran tomar contacto con ritmos clásicos, latinos e modernos será o primeiro obradoiro de […] A Asociación Cultural Taller Alecrín e o Club Deportivo Alecrín poñen en marcha dende o 16 ao 30 de setembro unhas xornadas con obradoiros de baile gratuítos para adultos en colaboración con diferentes entidades das bisbarras de Santiago, Barbanza, Padrón e Valga. Cada xornada contará con dous talleres dunha hora: Linedance para singles que queiran tomar contacto con ritmos clásicos, latinos e modernos será o primeiro obradoiro de
A Asociación Cultural Taller Alecrín e o Club Deportivo Alecrín poñen en marcha dende o 16 ao 30 de setembro unhas xornadas con obradoiros de baile gratuítos para adultos en colaboración con diferentes entidades das bisbarras de Santiago, Barbanza, Padrón e Valga.
Cada xornada contará con dous talleres dunha hora: Linedance para singles que queiran tomar contacto con ritmos clásicos, latinos e modernos será o primeiro obradoiro de 20:00 a 21:00 horas; e Baile Social para parellas que queiran empezar ou mellorar o seu estilo nos bailes estándar, latinos ou tropicais será o segundo obradoiro de 21:00 a 22:00 horas.
Estes obradoiros están dirixidos ao público adulto e o único requisito será a inscrición telefónica previa no 698 150 432. Toda unha aposta polo baile como actividade que fomente hábitos saudábeis tanto a nivel individual como de parella e grupo nun contexto social e cultural.

Barbanza-Arousa | O Barbanza