Alumnado da primaria da Pobra conmemora o 25-N a través da campaña municipal Desmárcate!

Neste 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha data arredor da cal a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanzou unha ampla axenda para tinguir de violeta o mes de novembro. Para este mesmo día, convócase unha concentración, ás 18.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán, a […] Neste 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha data arredor da cal a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanzou unha ampla axenda para tinguir de violeta o mes de novembro. Para este mesmo día, convócase unha concentración, ás 18.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán, a  

Neste 25 de novembro conmemórase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller; unha data arredor da cal a Concellaría da Igualdade da Pobra do Caramiñal lanzou unha ampla axenda para tinguir de violeta o mes de novembro. Para este mesmo día, convócase unha concentración, ás 18.00 horas, nos Xardíns de Valle-Inclán, a carón da escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero. Alí procederase coa lectura dun manifesto e minuto de silencio.

Ademais, os colexios da primaria participaron neste 25-N cunha actividade de carácter artístico, sen esquecer o compoñente da concienciación. Ataviados coas camisetas co lema da campaña municipal Desmárcate!, tanto o CEP Salustiano Rey Eiras coma o CEP Pilar Maestú Sierra elaboraron camisetas en cartolina negra con mensaxes de actitudes das que desmarcarse, as cales quixeron despois expoñer nun espazo común de cada unha das instalacións educativas. A maiores, o CEP Salustiano Rey Eiras interpretou a súa propia versión da canción Ella, de Bebe. A concelleira da Igualdade, Estefanía Ramos, e a asesora xurídica á muller, María Pérez, asistiron para comprobar o transcurso da xornada.

Esta é unha das moitas accións destinadas aos centros de estudos, pois “consideramos a educación como base cara unha sociedade igualitaria, polo que gran parte da programación polo 25-N está orientada á comunidade educativa”, apuntou a edil.

Contacontos para escolares da infantil, obradoiro artístico de sensibilización para alumnado de Bandaseca, actuación musical para Cadreche, presentación do Servizo da Igualdade municipal no instituto e no CPR Divino Maestro, charla informativa sobre as agresións sexuais e a violencia sexual destinada ao CPR Divino Maestro e entrega de vinilos de mulleres referentes de apoderamento feminino entre o alumnado do IES son o resto de actividades para os diferentes niveis de ensinanza a desenvolver ao longo do presente mes.

Doutra banda, houbo a quinta sesión da Mesa Local de Coordinación Interinstitucional Contra a Violencia de Xénero e a medallista internacional na modalidade de parakarate, Cristy Tojo, impartirá un curso de autodefensa para mulleres ante situacións violentas.

Parte desta programación conta con financiamento do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, do Ministerio de Igualdade.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas