Ambar reivindica a plena igualdade polo 8M cunha manchea de actividades en Boiro, A Pobra, O Son e Ribeira

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, participou nas diversas accións realizadas polo 8M (Día Internacional da Muller) na comarca do Barbanza, asistindo a actividades que se levaron a cabo en distintos concellos da bisbarra. Na mañá deste veres 7 de marzo, un grupo dd 17 persoas da asociación acudiu ó acto institucional organizado […] A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, participou nas diversas accións realizadas polo 8M (Día Internacional da Muller) na comarca do Barbanza, asistindo a actividades que se levaron a cabo en distintos concellos da bisbarra. Na mañá deste veres 7 de marzo, un grupo dd 17 persoas da asociación acudiu ó acto institucional organizado  

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, participou nas diversas accións realizadas polo 8M (Día Internacional da Muller) na comarca do Barbanza, asistindo a actividades que se levaron a cabo en distintos concellos da bisbarra. Na mañá deste veres 7 de marzo, un grupo dd 17 persoas da asociación acudiu ó acto institucional organizado no Concello de Boiro no que se realizou a lectura do manifesto polo 8M.

A maiores e cumprindo coa tradición, Ambar e CONGALSA volveron conmemorar de xeito conxunto. Deste xeito, un grupo de mulleres representantes da asociación inclusiva con sede no Barbanza visitou as instalacións de CONGALSA na Pobra do Caramiñal e levou un obsequio para todas as traballadoras da corporación.

Por outra banda, nun ámbito máis deportivo, outro grupo de persoas usuarias de Ambar desprazouse ata o Concello de Porto do Son, para participar nas Xornadas de Ioga levadas a cabo na Casa da Cultura de Portosín.

No propio Centro de Recursos, emprazado en Frións (Ribeira), realizouse un mural colaborativo, o cal empregouse como photocall para conmemorar o Día Internacional da Mulller e concienciar e visibilizar nun día tan importante como o é o oito de marzo.

Este ano, Ambar tamén estará presente na II Mostra de Mulleres Creadoras de Ribeira, que terá lugar este sábado 8 de marzo ás 20:30h no Centro Cultural Lustres Rivas. Esperanza Silva e Montse Queiruga, dúas artistas con diversidade funcional participantes do obradoiro de arte de Ambar, expoñerán na mostra cadansúa obra seleccionada da súa colección producida ó longo das súas traxectorias artísticas.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas