Ángeles Suárez comproba as melloras recentes realizadas na Lonxa de Ribeira

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, comprobou este xoves 30, na Lonxa da Ribeira, algunhas das melloras realizadas coas axudas da Consellería do Mar para proxectos postos en marcha a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa e que permitiron modernizar as instalacións de empresas que […]
O artigo Ángeles Suárez comproba as melloras recentes realizadas na Lonxa de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, comprobou este xoves 30, na Lonxa da Ribeira, algunhas das melloras realizadas coas axudas da Consellería do Mar para proxectos postos en marcha a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa e que permitiron modernizar as instalacións de empresas que
O artigo Ángeles Suárez comproba as melloras recentes realizadas na Lonxa de Ribeira publicouse primeiro en O Barbanza.  

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, comprobou este xoves 30, na Lonxa da Ribeira, algunhas das melloras realizadas coas axudas da Consellería do Mar para proxectos postos en marcha a través do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa e que permitiron modernizar as instalacións de empresas que desenvolven a súa actividade na lonxa desta localidade da comarca do Barbanza.

Estas achegas contribuíron á optimización do procesado do peixe e marisco, a través da adquisición de diverso equipamento que superou os 120.000 euros. É o caso, dunha dosificadora de xeo, dunha cinta transportadora de caixas e de tres xeradores de xeo que producen un rendemento diario de 15.000 quilos para o seu uso polas empresas comercializadoras locais, así como nas poxas da lonxa.

Na visita, a directora xeral puxo en valor estas achegas e valorou así mesmo as realizadas nunha das empresas situadas no mesmo recinto, por un importe de máis de 80.000 euros e que contribuíron á rastrexabilidade dos produtos pesqueiros.

Lembrou que na actualidade “a Xunta continúa co desenvolvemento das dúas novas convocatorias publicadas para este ano e que ascenden a 7.750.000 euros”.

Enmarcadas nas Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), e cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), estas axudas permitiron, nas tres convocatorias anteriores, executar 339 proxectos que supuxeron a mobilización dun investimento de case 46 millóns de euros, dos que 25 millóns foron en concepto de axuda pública e 21 millóns de financiamento privado.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas