A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou este martes 7 de xaneiro que a Xunta destinará este ano algo máis de 140.000 euros ás axudas para o impulso de iniciativas e proxectos que promovan o desenvolvemento sustentábel das poboacións asociadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Así o destacou dende no marco […] A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou este martes 7 de xaneiro que a Xunta destinará este ano algo máis de 140.000 euros ás axudas para o impulso de iniciativas e proxectos que promovan o desenvolvemento sustentábel das poboacións asociadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Así o destacou dende no marco
A Conselleira de Medio Ambiente, Ángeles Vázquez, anunciou este martes 7 de xaneiro que a Xunta destinará este ano algo máis de 140.000 euros ás axudas para o impulso de iniciativas e proxectos que promovan o desenvolvemento sustentábel das poboacións asociadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia. Así o destacou dende no marco dunha visita ao Centro de Día que ten no municipio a asociación AGADEA Alzhéimer, que resultou beneficiaria, precisamente, dunha das 18 achegas concedidas ao abeiro da convocatoria de 2023. En concreto, explicou que esta entidade sen ánimo de lucro recibiu 8.000 euros para levar a cabo o proxecto interxeracional Un camiño de lembranzas, no que participaron rapaces de catro colexios ribeirenses e persoas usuarias do propio centro e que busca, por unha banda, afondar na concienciación medioambiental e pola outra, mellorar a calidade de vida de maiores e rapaces.
En canto á convocatoria deste ano, Ángeles Vázquez lembrou que a nova orde foi publicada a finais do mes de decembro co obxectivo de apoiar aos concellos da contorna do Parque Nacional (Bueu, Ribeira, Vigo e Vilagarcía de Arousa), entidades sen ánimo de lucro e de dereito público, empresas, autónomos e tamén particulares titulares de concesións ou vivendas no Parque Nacional na realización de actividades na área de influencia socioeconómica das illas que contribúan ao fomento dunha relación harmoniosa entre as súas poboacións e a contorna na que viven e traballan.
Con tal fin, subvencionaranse actividades relacionadas coa conservación da biodiversidade, a protección ou restauración do patrimonio natural, a eliminación de impactos sobre os valores naturais ou culturais do parque, a posta en valor ou a recuperación do patrimonio arqueolóxico, etnográfico e cultural, o desenvolvemento de actividades económicas relacionadas con este espazo protexido e accións orientadas á divulgación e formación da poboación local nos valores polos que este espazo foi merecedor da súa declaración como Parque Nacional.
O prazo de solicitude estará aberto ata o vindeiro 27 de xaneiro. En canto ás subvencións, poderán cubrir ata o 100% do investimento subvencionábel, cun importe máximo de 10.000 euros por proxecto cando o solicitante sexa unha Administración local ou de 6.000 euros no resto de casos.
Barbanza-Arousa | O Barbanza