A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, presenciou este martes 15 de abril o inicio da xira coruñesa das tres unidades móbiles de expedición do DNI e o Pasaporte que o Goberno destinou á provincia. Trátase dos novos Vehículos Integrais de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional asignados ás comisarías da provincia, un dos cales […] A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, presenciou este martes 15 de abril o inicio da xira coruñesa das tres unidades móbiles de expedición do DNI e o Pasaporte que o Goberno destinou á provincia. Trátase dos novos Vehículos Integrais de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional asignados ás comisarías da provincia, un dos cales
A subdelegada do Gobierno na Coruña, María Rivas, presenciou este martes 15 de abril o inicio da xira coruñesa das tres unidades móbiles de expedición do DNI e o Pasaporte que o Goberno destinou á provincia. Trátase dos novos Vehículos Integrais de Documentación (VIDOC) da Policía Nacional asignados ás comisarías da provincia, un dos cales expediu en Betanzos 40 documentos con cita previa no Concello. As unidades móbiles percorrerán nos vindeiros meses 40 concellos coruñeses que carecen de comisaría e o Centro Penal de Teixeiro, en Curtis.

María Rivas, que estivo acompañada do comisario provincial, Carlos Gómez, e da alcaldesa de Betanzos, María Barral, detallou que a Policía destina á provincia tres dos seis vehículos asignados a Galicia. Neles, a cidadanía poderá renovar o DNI e, como novidade, tamén o Pasaporte, ademais de renovar os certificados dixitais do DNI, xa que tamén contan cun Punto de Actualización de Documentación (PAD) que complementa aos oito que se están instalando en diferentes concellos da provincia, o primeiro deles en Ordes.
“Desde modo, un trámite tan sinxelo como a renovación do certificado electrónico do DNI ou o cambio ou actualización do contrasinal, poderá facerse tanto nestes concellos que xa dispoñen dun PAD como nestes vehículos, no canto de ter que desprazarse a unha das catro comisarías que temos nesta provincia”, explicou a subdelegada.
As novas unidades VIDOC teñen confirmadas de momento 18 paradas nos concellos da área de influencia da Coruña (Abegondo, Arteixo, Betanzos, Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cambre, Carral, Culleredo, Curtis, A Laracha, Malpica, Miño, Muxía, Oleiros, Ordes, Ponteceso, Sada e Vimianzo), ademais do Centro Penal de Teixeiro; 14 na área de Santiago e Barbanza (Arzúa, Boqueixón, Cee, Mazaricos, Melide, Muros, Negreira, Noia, Padrón, Santa Comba, Zas, Boiro, Porto do Son e Rianxo), e 8 na de Ferrol (Ares, As Pontes, Cariño, Cedeira, Mugardos, Ortigueira, Pontedeume e San Sadurniño). As comisarías da Coruña, Ferrol e Santiago teñen asignada a súa respectiva unidade.
Rivas explicou que a principal vantaxe das novas VIDOC é que agora “as persoas que pidan cita neste servizo poderán ter listo calquera dos dous documentos en apenas dez minutos, mellorando tamén os tempos de resposta das anteriores unidades, que precisaban de tres días para a xestión: un día para a pegada dactilar, outro para a impresión nunha comisaría e un terceiro para a entrega”.
Novo DNI Dixital
María Rivas destacou o labor do Goberno “por mellorar a vida das persoas, impulsando unha Administración útil e próxima á cidadanía con programas como o presentado en Betanzos ou a posta en marcha do DNI dixital”. A este respecto, lembrou que o Consello de Ministros vén de aprobar un real decreto que regula o proceso de expedición, xestión e desenvolvemento do DNI non só na súa versión física senón tamén por primeira na súa versión dixital.
Deste xeito adáptase o uso do DNI aos novos retos dixitais e ofrece á cidadanía a posibilidade de dispoñer do Documento Nacional de Identidade en formato dixital no teléfono móbil. “A súa posta en marcha vai transformar o modo de acreditar a identidade da cidadanía nas súas relacións coa Administración Pública e co sector privado, que agora poderá realizarse a través dunha aplicación instalada no teléfono móbil coa mesma validez xurídica que o DNI físico e coas máximas garantías de seguridade” destacou Rivas, que apuntou que España é un dos primeiros países europeos que aborda este reto.
O acceso farase por medio da aplicación MiDNI e nunha primeira fase só permitirá a identificación de maneira presencial coa mesma validez que o DNI. “Servirá para acreditar a identidade en trámites presenciais ante a Administración, abrir unha conta bancaria, rexistrarse nun hotel, alugar un vehículo ou recoller un paquete en Correos”, exemplificou a subdelegada.
As unidades VIDOC prestarán servizo de luns a venres de maneira común. As xefaturas superiores de Policía fixarán os lugares de desprazamento e serán os concellos quen confeccione a relación de cidadáns citados.
Barbanza-Arousa | O Barbanza