Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector agroalimentario da Coruña. A comarca do Barbanza e […] Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector agroalimentario da Coruña. A comarca do Barbanza e
Este luns 14 de xullo celebrouse no Barbanza a primeira xornada de Saudade, evento organizado por Turismo da Deputación que reúne en diferentes puntos da provincia a 13 chefs con máis de 20 estrelas Michelín do 14 ao 15 de xullo co obxectivo de promocionar o sector agroalimentario da Coruña. A comarca do Barbanza e os seus produtos foron este luns os protagonistas. Entre viñedos, bateas e o peixe máis fresco, os asistentes descubriron de primeira man o que hai detrás dalgúns dos produtos máis emblemáticos do noso mar.

O vicepresidente, Xosé Regueira, exerceu de anfitrión, xunto ao alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, e o da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal e a concelleira Patricia Lojo, que acompañaron durante a visita aos recoñecidos cociñeiros e cociñeiras Alberto Chicote, Diego Guerrero, Paco Morales, Aitor Arregi, Maca de Castro, Begoña Rodrigo, Andoni Luis Aduriz, Toño Pérez e os galegos Javi Olleros, Xosé Cannas, Manuel Costiña, Lucía Freitas e Pepe Solla.

Regueira destacou que o “protagonismo” deste evento “é dos nosos produtores e produtoras locais, que están facendo un excepcional traballo de compromiso co territorio, innovación e ao mesmo tempo de gran calidade e autenticidade, polo que queremos celebrar este momento doce do noso sector tanto agroalimentario como da restauración”.
Os produtores participantes que estarán presentes nas xornadas ofrecendo mostras da súa materia prima son A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte.

Comezaba o día na adega Entre os Ríos (A Pobra do Caramiñal), onde todos os participantes tiveron a oportunidade de coñecer a bodega, coa súa historia; os viñedos e o proceso de cultivo do viño. Ao rematar, desfrutaron dunha cata de viño maridada con conservas e, posteriormente, trasladáronse á praia de Cabío para degustar algúns dos produtos do mar máis representativos do territorio.
Pola tarde, o equipo de Saudade trasladouse a Ribeira para embarcarse nun bateeiro e ver como é o proceso de captura dos mexillóns, e á lonxa, para presenciar unha poxa de baixura en directo nun dos mercados máis relevantes do país. Para rematar, o compostelán Mercado de Abastos acolleu unha cea a base de produtos locais na que participaron todos os asistentes, así como a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de turismo, Miriam Louzao, e o concelleiro de Mercados, Xan Duro.

Os cociñeiros e cociñeiras participantes valoraron moi positivamente a experiencia e amosaron o seu entusiasmo por coñecer os produtos da horta, máis descoñecidos – a diferenza dos do mar – durante a segunda xornada deste martes 15 en Coristanco.

Segunda xornada, adicada á terra, en Bergantiños
Este luns 14 o protagonismo recaerá en Bergantiños, cunha xornada dedicada á terra que terá lugar en Coristanco; e as actividades previstas poñerán en valor os produtos do campo, dando a coñecer tamén os procesos de cultivo sostible e o seu papel na gastronomía contemporánea. Así, o programa inclúe un encontro con produtores locais da provincia, profesionais do sector e chefs para compartir e intercambiar opinións e experiencias.
Entre as empresas participantes figuran A Conserveira, Bonilla a la Vista, Cafés Lúa, Chichalovers, Cienporcel Abastos, Empanadas Costumes Galicia, Empanadas Ternura, Galmesán, A Despensa D`Lujo, Mariscos de Barallobre, Orixes Galegas Porco Celta, Pagos de Brigante, Percebe da Barca Muxía, Vermú Lodeiros e Xearte Brigitte.
Barbanza-Arousa | O Barbanza