O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este sábado unha función da compañía Chévere: As Fillas Bravas de Momán. Será este sábado 28 ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dunha función para todos públicos dunha hora de duración. A entrada é de balde ( con convites desde 1 hora antes, máximo […]
O artigo “As Fillas Bravas de Momán” recalan en Rianxo este sábado publicouse primeiro en O Barbanza. O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este sábado unha función da compañía Chévere: As Fillas Bravas de Momán. Será este sábado 28 ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dunha función para todos públicos dunha hora de duración. A entrada é de balde ( con convites desde 1 hora antes, máximo
O artigo “As Fillas Bravas de Momán” recalan en Rianxo este sábado publicouse primeiro en O Barbanza.
O Auditorio Municipal de Rianxo vai acoller este sábado unha función da compañía Chévere: As Fillas Bravas de Momán. Será este sábado 28 ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio. Trátase dunha función para todos públicos dunha hora de duración. A entrada é de balde ( con convites desde 1 hora antes, máximo 2 por persoa). A función encádrase na programación da Rede Cultural da Deputación da Coruña,
A obra de teatro As Fillas Bravas de Momán esta protagonizada por Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán.
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque, en palabras de Chévere, “todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira”.
As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que “representa todas as aldeas e na que todo é posíbel”.
As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral.
A función poderá verse o día anterior, venres, no Centro Social de Abanqueiro (Boiro).

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
