Ambar, asociación inclusiva do Barbanza, confirma oficialmente a celebración da duodécima edición da Carreira pola Diversidade, que se celebra o domingo 10 de maio ás 10.00 horas na explanada de Coroso, en Ribeira. Tras o éxito de anos anteriores, a cita consolídase “como un referente non só no eido deportivo, senón como un espazo de […]
O artigo As inscricións da XII Carreira pola Diversidade de Ambar estarán abertas ata o 5 de maio publicouse primeiro en O Barbanza. Ambar, asociación inclusiva do Barbanza, confirma oficialmente a celebración da duodécima edición da Carreira pola Diversidade, que se celebra o domingo 10 de maio ás 10.00 horas na explanada de Coroso, en Ribeira. Tras o éxito de anos anteriores, a cita consolídase “como un referente non só no eido deportivo, senón como un espazo de
O artigo As inscricións da XII Carreira pola Diversidade de Ambar estarán abertas ata o 5 de maio publicouse primeiro en O Barbanza.

Ambar, asociación inclusiva do Barbanza, confirma oficialmente a celebración da duodécima edición da Carreira pola Diversidade, que se celebra o domingo 10 de maio ás 10.00 horas na explanada de Coroso, en Ribeira. Tras o éxito de anos anteriores, a cita consolídase “como un referente non só no eido deportivo, senón como un espazo de celebración e convivencia pola inclusión”, sinala Ambar, lembrando que as inscricións están abertas ata o 5 de maio.
Unha experiencia transformadora
A organización deste evento deportivo e inclusivo recorda tamén que a gran novidade deste ano reside no enfoque da experiencia. Así, as e os participantes non se atoparán con “unha carreira máis”, senón cun evento transformador. “Garantimos moita diversión e sorpresas que farán que esta edición sexa lembrada como a primeira vez que se vive a Carreira pola Diversidade na súa máxima
expresión”, sinalan desde Ambar.
Como novidade destacada, Ambar presenta a súa proba lúdica. Esta modalidade contará con varias sorpresas para desfrutar do percorrido camiñando tranquilamente. Está deseñada especificamente para que as persoas que non teñan como obxectivo conseguir unha marca deportiva poidan inscribirse e vivir o evento dunha forma moi orixinal.
Inscricións e modalidades
O prazo para inscribirse xa está aberto e permanecerá activo ata o 5 de maio a través da páxina web oficial de Cronotec. Recoméndase ás persoas interesadas realizar o trámite canto antes para asegurar o seu dorsal.
Dende Ambar insisten que “aínda que o evento pon o foco na diversión e na visibilización da diversidade, quen queira correr, tamén pode facelo”, abrindo as portas a todo tipo de perfís: desde atletas experimentados ata familias e persoas que prefiran camiñar e gozar do ambiente festivo. As modalidades dispoñíbeis son:
Modalidade Absoluta Mixta (5 km)
Sub-18 (16 a 17 anos).
Sénior (18 a 34 anos).
Máster 1 (35 a 40 anos), Máster 2 (41 a 50 anos) e Máster 3 (a partir de 51 anos).
Modalidade Inclusiva (5 km)
-Zapatilla Inclusiva: Para persoas con diversidade intelectual, sensorial ou motriz que non se inclúan noutras categorías.
–Handbike e Cadeira de atletismo.
Modalidade Lúdica con ou sen mascotas (2,5 km)
Aberta a todas as idades (menores de 0 a 16 anos incluídos). Os menores de 10 anos deberán ir acompañados dunha persoa adulta.
Un obxectivo solidario
A recadación será destinada ao financiamento do proxecto Ecosistema de vivendas inclusivas e servizo de apoio á comunidade , impulsado pola Asociación Ambar para mellorar a calidade de vida do colectivo.
Datos clave do evento
Data: Domingo, 10 de maio de 2026.
Hora de saída: 10:00 h.
Lugar: explanada de Coroso, Ribeira.
Inscricións: Web de Cronotec.
Cota: 7,50 euros.

Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
