As mulleres da Cruz Vermella de Boiro, protagonistas do Día Internacional da Muller (8M)

O Concello de Boiro conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, coas mulleres da nosa vila como protagonistas nun acto institucional que contou coa participación do grupo emerxente da Escola de Música, Seica. As mulleres da Cruz Vermella de Boiro foron as encargadas de ler o manifesto colectivo. “As mulleres sempre foron fundamentais como motores […] O Concello de Boiro conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, coas mulleres da nosa vila como protagonistas nun acto institucional que contou coa participación do grupo emerxente da Escola de Música, Seica. As mulleres da Cruz Vermella de Boiro foron as encargadas de ler o manifesto colectivo. “As mulleres sempre foron fundamentais como motores  

O Concello de Boiro conmemora o 8M, Día Internacional da Muller, coas mulleres da nosa vila como protagonistas nun acto institucional que contou coa participación do grupo emerxente da Escola de Música, Seica. As mulleres da Cruz Vermella de Boiro foron as encargadas de ler o manifesto colectivo.

“As mulleres sempre foron fundamentais como motores do noso pobo, non só pola súa influencia nas familias senón polo seu compromiso co progreso e o benestar das súas comunidades” comezaba a lectura que facía fincapé nesas mulleres que non aparecen nos libros de historia pero que sempre “foron referentes de vida”.

Blanca Otero foi a encargada de ler o manifesto en representación das mulleres dos Obradoiros de Memoria da Cruz Vermella.

“Neste día quero recoñecer o labor invisíbel que fan todos os días do ano as entidades, empresas, voluntariado e empregados municipais en prol da igualdade e de forma transversal“, recoñeceu o concelleiro de Política Social, Raúl Treus, durante a intervención.

Pola súa banda, o alcalde, José Ramón Romero, pechou o acto agradecendo a todas as mulleres que “loitaron polos dereitos que temos hoxe en día, esas mulleres son as nosas nais, as nosas avoas… son mulleres do noso pobo. No Concello de Boiro temos un forte compromiso coa igualdade e hoxe é un día para festexar o conseguido pero tamén para seguir reivindicando o camiño que nos queda por andar”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas