As persoas participantes no Semilleiro de Emprego Rural de Iberdrola realizan labores de apoio ás Ecobrigadas de Amicos

A Asociación Amicos leva a cabo dende comezos deste ano, a través das súas Ecobrigadas, unha serie de labores dirixidos á restauración ambiental do antigo trazado VG-11 no seu paso polas zonas de Espiñeira e Bermo, no concello de Boiro. A elas sumáronse como apoio os e as participantes no Semilleiro de Emprego Rural da […] A Asociación Amicos leva a cabo dende comezos deste ano, a través das súas Ecobrigadas, unha serie de labores dirixidos á restauración ambiental do antigo trazado VG-11 no seu paso polas zonas de Espiñeira e Bermo, no concello de Boiro. A elas sumáronse como apoio os e as participantes no Semilleiro de Emprego Rural da  

A Asociación Amicos leva a cabo dende comezos deste ano, a través das súas Ecobrigadas, unha serie de labores dirixidos á restauración ambiental do antigo trazado VG-11 no seu paso polas zonas de Espiñeira e Bermo, no concello de Boiro. A elas sumáronse como apoio os e as participantes no Semilleiro de Emprego Rural da entidade, unha iniciativa financiada pola Fundación Iberdrola.

O programa Semilleiro de Emprego Rural é unha iniciativa de carácter social impulsada por Amicos, co apoio e financiamento de Iberdrola. O programa está dirixido a mozos e mozas de entre 16 e 30 anos con discapacidade intelectual que residen no rural. A través deste, ofréceselles formación e apoio co obxectivo de que adquiran as habilidades transversais necesarias para a súa incorporación no mercado laboral, en especial no referente ao emprego verde e inclusivo.

Así, os integrantes do programa participaron nos labores de restauración ao prestarlles apoio aos traballadores das Ecobrigadas nos últimos meses. No marco da iniciativa, colaboraron nas tarefas de roza, desmontaxe do cercado metálico, e clareo do bosque de acacias presente na zona.

A través destes traballos puideron desenvolver as súas habilidades laborais e poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas formacións ás que asistiron durante o seu paso polo Semilleiro.

No ano 2023 beneficiáronse desta alianza corenta persoas, das que un total de quince puideron facerse cun emprego. Ademais, mostráronse interesadas máis dunha vintena de empresas en coñecer aos participantes. O proxecto propón itinerarios teórico-prácticos en silvicultura e xestión forestal sostíbel, un labor de alta demanda a nivel autonómico.

Case sete anos de colaboración

A alianza entre a Fundación Iberdrola e a Asociación Amicos botou a andar no ano 2018 a través do Programa de Axudas Sociais do grupo con sede en Bilbao. A finalidade era realizar distintos obradoiros que favorecesen a cualificación e a adquisición de rutinas e habilidades comunicativas de persoas con discapacidade da contorna do Barbanza.

Outro dos ámbitos de colaboración entre ámbalas institucións é o referente ao coidado medioambiental. Ao abeiro do programa Bosque Defensa-Iberdrola, as Ecobrigadas de Amicos colaboraron coa entidade na repoboación das dez hectáreas do campo de tiro de Noia, na que se plantaron un total de 7.000 árbores autóctonas. A plantación foi inaugurada en setembro de 2023, e os traballos de mantemento estenderanse arredor de dous anos

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas