O festival de contidos audiovisuais Facom Fest regresou cunha terceira edición despois do éxito colleitado nas dúas primeiras entregas. Esta iniciativa xorde novamente do alumnado de 4º do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago que, xunto co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, busca “achegar á cidade un espazo de encontro no […] O festival de contidos audiovisuais Facom Fest regresou cunha terceira edición despois do éxito colleitado nas dúas primeiras entregas. Esta iniciativa xorde novamente do alumnado de 4º do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago que, xunto co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, busca “achegar á cidade un espazo de encontro no
O festival de contidos audiovisuais Facom Fest regresou cunha terceira edición despois do éxito colleitado nas dúas primeiras entregas. Esta iniciativa xorde novamente do alumnado de 4º do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade de Santiago que, xunto co apoio da Vicerreitoría de Estudantes e Cultura, busca “achegar á cidade un espazo de encontro no que integrantes da comunidade estudantil poidan dar a coñecer as súas obras e, deste xeito, resaltar o traballo e o talento da xuventude galega en materia audiovisual”.
O xoves 28, último día do Facom Fest 2024, comezará cunha mesa integrada por directores e creadores audiovisuais destacados no ámbito do videoclip: Xaime Miranda, Lara Caeiro, Juan Barbazán e Anxo Beiro. Nesta sesión, as figuras participantes compartirán as súas experiencias e coñecementos sobre o proceso creativo, técnico e artístico da produción de vídeos, tendo como punto de partido da conversa a intersección entre imaxe e música.
Ás 16:00, Courel: Terra dura, terra brava de Maruxa González; Bajando a Graná, subiendo al Albaycín de Nayra Gallardo e Manolo de Beatriz Real pecharán a categoría competitiva de non ficción no Auditorio.
A continuación, no Visionado 1 da Facultade de Ciencias da Comunicación arrinca a primeira quenda da sección non competitiva de curtametraxes, na que se amosarán Borrador de Covadonga Yanes e Daniel Rodríguez, Coleccionista de Soños de Cristóbal Añón e Todo Dicho de Nel González. Por último, O coidado de Miguel Canalejo e Voces da conserva de Lesmes Iglesias e Jesús Silva darán peche á categoría non competitiva como as últimas proxectadas por primeira vez no festival.
Para pechar o evento, celebrarase a gala de clausura: cunha entrega de premios no auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, coñecendo gañadores para cada unha das tres modalidades competitivas (Ficción, Non ficción e Videoclip) e outorgando tamén mencións adicionais a outras pezas. Contarán coa actuación especial da Facom Band, banda formada por estudantes da facultade de Ciencias da Comunicación, e haberá oportunidade de ver novamente as pezas galardoadas. Para aqueles que o desexen, a xornada alongarase na sala Sonar coa chamada Facom Fest(a) e a actuación musical de Jade4, banda galega de indie-rock, seguida das DJ Niandra e Tank Girl, talento novo para poñer o broche de ouro á noite de despedida do Facom Fest 2024.
Voces da conserva é un documental impulsado pola Mancomunidade Barbanza Arousa que concentra parte da historia dos concellos de Arousa Norte (Ribeira, A Pobra, Boiro e Rianxo) a través da salgadura e da conserva, así como dos vestixios que quedan dese pasado. Partindo da experiencia vital de Encarnación Castro, quen comezou a traballar na fábrica da Ribeiriña, de Andrés Díaz de Rábago, con só trece anos, incorpóranse á narrativa o testemuño de historiadores e de Manuel Reinaldo Loureiro Pérez, bisneto do fundador do primeiro almacén de salgadura de Castiñeiras. Deste xeito, abórdase o impacto desta industria na nosa vida dende distintas perspectivas: social, económica, cultural, urbanística e turística.
Barbanza-Arousa | O Barbanza