Este domingo 2 de marzo celebrouse finalmente o Desfile e Concurso de Murgas e Comparsas do Entroido de Ribeira, un evento tradicional que conta cunha gran aceptación popular e no que este ano repartíronse 6.000 euros entre premios e gratificacións. O Concello destacou que tanto a convocatoria, como o desfile, as comparsas e as murgas […] Este domingo 2 de marzo celebrouse finalmente o Desfile e Concurso de Murgas e Comparsas do Entroido de Ribeira, un evento tradicional que conta cunha gran aceptación popular e no que este ano repartíronse 6.000 euros entre premios e gratificacións. O Concello destacou que tanto a convocatoria, como o desfile, as comparsas e as murgas
Este domingo 2 de marzo celebrouse finalmente o Desfile e Concurso de Murgas e Comparsas do Entroido de Ribeira, un evento tradicional que conta cunha gran aceptación popular e no que este ano repartíronse 6.000 euros entre premios e gratificacións. O Concello destacou que tanto a convocatoria, como o desfile, as comparsas e as murgas resultaron “dun nivel moi alto no concurso” celebrad nunha ateigada carpa habilitada en Bandourrío, que quedou pequena e na que foi necesario abrir as lonas laterais para que toda a veciñanza gozara do concurso.

Nunha tarde fría de típico nordés ribeirán comezou o desfile que este ano inaugurou un novo percorrido que partiu do Auditorio Municipal seguindo por Rosalía de Castro pasando pola rúa de Galicia e chegando a Bandourrío polo Malecón. O concurso foi presentado pola mediática veciña Nusca Chousa e comezou coas actuacións das comparsas e as murgas infantís para seguir co concurso de murgas de categoría adulta na que se presentaron seis murgas dúas delas de fóra do municipio (Tarde, mal e arrastro máis Aquelarre Portus Ébora) e o resto do municipio. (Castiñeiras, Residencia do Maior, Dorna e a dos Veciños de Carreira).

A concelleira de Cultura, Antía Alberte, quixo agradecer o traballo de tódolos participantes, “sobre todo por esas que veñen de fóra e por ese traballo que fan durante todo o ano para preparar eses traxes e coreografías tan elaboradas, porque vese o importante traballo feito que hai detrás”. Tamén tivo palabras de agradecemento para o tecido social e cultural do municipio.

A murga gañadora final foi As voltas da vida dos Veciños de Carreira, que, en palabras do xurado, “lograron nunha espectacular posta de escena, cuns disfraces moi medidos, unha sátira do Goberno local co alcalde á cabeza xunto cos concelleiros e concelleiras; tamén cunha letra moi lograda foron facendo un percorrido polo pasado, presente e futuro do Goberno municipal”. O público quedou entregado e foron gañadores por unanimidade. En segundo posto quedaron Aquelarre Portus Ébora e no terceiro lugar Tarde mal e arrastro.

Antía Alberte deu os parabéns e os agradecementos do Concello á comparsa infantil Anos 50 e 70 da A.C. Alfaia, á comparsa infantil Motoristas Formula 1, á comparsa En xiada encaixamos da Asoc. Xiada, á comparsa La mudanza da escola baile El Tomasón, á murga infantil La reina da Asoc. Haveira, a Nusca Chousa polo ben que levou a gala, ao grupo Latexo Percusión pola grande sincronía e animación, e aos membros do xurado: Eva Romero, Teresa Bretal, Cristina Riveiro, Xandre Millet e Javier Suárez.
Prosegue a festa… en Ribeira
A troula do martes 4 de marzo comezará pola tarde coa Choqueirada Infantil e o Concurso de Disfraces (entre as 17 e as 20h) da Carpa do Entroido en Bandourrío, cita acompañada por animadores, inchábeis, lambetadas, obradoiros variados e DJ.
O desfile e concurso de disfraces será ás 7 e media da tarde do martes. A rapazada que queira participar no Concurso de Disfraces deberá desfilar na pasarela e enviar fotografía a comercio@ribeira.gal. Haberá 5 premios de vales de 100 € para gastar no comercio local.
O mércores 5 de marzo tamén estará activo o Expreso do Entroido, con saída e chegada da praza do Concello, de 16.00 a 19.00 h. Volvera a música na rúa con Os Celtas da Baña (en Ribeira a partir das 18.30h). Logo será a quenda do Enterro do Felipe, coa saída do acompañamento fixada para as 19.30 horas dende a Capitanía Marítima. A comitiva terá o seguinte percorrido: Malecón, Concordia, rúa Galicia, Santa Uxía, Alcalde Fernández Bermúdez, Rosalía de Castro, Galicia, Manzanares ata chegar á praza dos Mariñeiros onde terá lugar a queima con fogos de artificio. Acompañados da Charanga Os Celtas da Baña. Os choróns e choronas que acudan á comitiva poderán participar no concurso de disfraces e optar a premios de 100 € (individual) e 300 € (grupo). A continuación celebrarase unha degustación de doces de Entroido na Carpa do Entroido en Bandourrío. Colabora: Asociación social e cultural de Bandourrío.
Barbanza-Arousa | O Barbanza