Nun acto celebrado no Partido Xudicial de Ribeira coa participación de numerosos colexiados, Augusto Pérez-Cepeda Vila presentou oficialmente o seu programa dentro da súa candidatura á reelección como decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Durante a súa intervención, destacou a importancia de mellorar as condicións dos profesionais da Quenda de Oficio (Turno de […] Nun acto celebrado no Partido Xudicial de Ribeira coa participación de numerosos colexiados, Augusto Pérez-Cepeda Vila presentou oficialmente o seu programa dentro da súa candidatura á reelección como decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Durante a súa intervención, destacou a importancia de mellorar as condicións dos profesionais da Quenda de Oficio (Turno de
Nun acto celebrado no Partido Xudicial de Ribeira coa participación de numerosos colexiados, Augusto Pérez-Cepeda Vila presentou oficialmente o seu programa dentro da súa candidatura á reelección como decano do Ilustre Colexio de Avogados da Coruña. Durante a súa intervención, destacou a importancia de mellorar as condicións dos profesionais da Quenda de Oficio (Turno de Oficio) e defender os dereitos dos colexiados, “consolidando ao Colexio como un referente na loita pola dignificación da profesión”, dixo.
Con esta presentación no Partido Xudicial de Ribeira, a candidatura de Pérez-Cepeda Vila reafirma o seu compromiso “cunha avogacía forte, moderna e próxima aos colexiados e a cidadanía”. Segundo salientou, un dos eixes principais da súa candidatura é “a defensa dos partidos xudiciais como elementos fundamentais para garantir unha xustiza accesíbel e eficaz, especialmente ante os retos que supón a nova Lei 1/2025 de medidas en materia de eficiencia do Servizo Público de Xustiza”.
Pérez-Cepeda Vila subliñou “a necesidade de reforzar a presencialidade nos partidos xudiciais”, evitando a centralización excesiva e asegurando que todos os cidadáns e profesionais poidan acceder aos tribunais con igualdade de condicións. “É necesario que os partidos xudiciais sigan sendo espazos de referencia para a xustiza, cunha atención presencial que garanta a proximidade e eficacia do servizo”, sinalou o actual de
Acompañado polo seu equipo, Pérez-Cepeda Vila expuxo en Ribeira as principais liñas do seu programa, destacando a súa aposta pola modernización do Colexio e a mellora dos servizos para os colexiados. No acto participaron tamén os cinco avogados que forman parte da súa candidatura: María Blanco Regueiro, José Luis Villar de Rísea, Carlos Tomé Santiago, María del Pilar Cortizo Mella e María Luisa Tato Fouz.

Durante a súa intervención, o candidato lembrou os avances logrados nos seus dez anos á fronte do Colexio, destacando a importancia de continuar cunha xestión baseada na eficiencia, a transparencia e o compromiso cos colexiados. “O noso obxectivo é seguir traballando por e para os avogados, asegurando mellores condicións laborais, defendendo os seus dereitos e adaptando o Colexio aos novos desafíos da profesión”, afirmou.
Defensa da profesión e modernización do Colexio
Entre as principais propostas do seu programa, Pérez-Cepeda Vila destacou:
• A posta en marcha dunha pasarela voluntaria ao Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA) para dar solución aos mutualistas, asegurando o recoñecemento dos seus dereitos en materia de xubilación e prestacións sociais.
• A ampliación da oferta formativa con programas especializados, reforzando a formación presencial nos partidos xudiciais.
• A mellora das condicións da Quenda de Oficio, esixindo ante a Administración un incremento do baremo e o pago puntual das actuacións.
• A modernización do Colexio a través de ferramentas tecnolóxicas innovadoras como o programa TUIA de Intelixencia Artificial, que optimizará o traballo dos colexiados.
• A optimización da xestión económica colexial, mantendo a transparencia e a eficiencia no uso dos recursos.
No seu programa, tamén se comprometeu a potenciar o Servizo de Mediación do Colexio de Avogados e a impulsar medidas que melloren a eficiencia do servizo público de xustiza, evitando o colapso dos tribunais e “garantindo unha administración máis áxil e efectiva”.
Barbanza-Arousa | O Barbanza