Barbanza Arousa preséntase en FITUR como destino turístico a elixir pola súa identidade gastronómica e vitivinícola

No encontro de máis relevancia no eido turístico dentro da Península, a Feira Internacional de Turismo (FITUR), estará Barbanza Arousa, que levará até o encontro madrileño a presentación Barbanza Arousa, Viaxe a través da historia dos sabores. A estrea terá lugar o 22 de xaneiro ás 14 horas na caseta de Barbanza Arousa, acto que […] No encontro de máis relevancia no eido turístico dentro da Península, a Feira Internacional de Turismo (FITUR), estará Barbanza Arousa, que levará até o encontro madrileño a presentación Barbanza Arousa, Viaxe a través da historia dos sabores. A estrea terá lugar o 22 de xaneiro ás 14 horas na caseta de Barbanza Arousa, acto que  

No encontro de máis relevancia no eido turístico dentro da Península, a Feira Internacional de Turismo (FITUR), estará Barbanza Arousa, que levará até o encontro madrileño a presentación Barbanza Arousa, Viaxe a través da historia dos sabores. A estrea terá lugar o 22 de xaneiro ás 14 horas na caseta de Barbanza Arousa, acto que quere poñer en valor a súa identidade gastronómica e vitivinícola como eixo estratéxico do seu posicionamento turístico. Baixo o título Barbanza Arousa, Viaxe a través da historia dos sabores, o destino amosará a súa aposta polo turismo enogastronómico e o turismo industrial, vinculados á tradición da salgadura, a conserva, o produto fresco e os viños do IGP Terras do Barbanza e Iria.

A dita presentación enmárcase no Plan de Sostibilidade Turística en Destino de Barbanza Arousa, dotado con 1,5 millóns de euros, que actualmente se atopa en fase de execución. Este plan contempla unha serie de actuacións encamiñadas a crear experiencias turísticas auténticas, sostíbeis e con alto valor engadido, que permitan aos visitantes mergullarse no pasado e o presente da cultura gastronómica do territorio. Entre as principais accións salientan a creación dos museos da conserva e a salgadura, a incorporación de realidade aumentada no Barrio dos Cataláns, así como o desenvolvemento de aulas de viño e gastronomía.

Asemade, o proxecto inclúe o deseño de rutas temáticas que conectan estes recursos con visitas a adegas e conserveiras, favorecendo un relato coherente que une patrimonio, industria, paisaxe e produto local. Todo iso contribúe a reforzar a identidade de Barbanza Arousa como un destino onde tradición e innovación conviven, achegando experiencias senlleiras tanto ao visitante nacional como internacional.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas