A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este xoves 22 de xaneiro no salón turístico FITUR que se está a celebrar en Madrid a súa nova proposta de posicionamento turístico baixo o lema Barbanza Arousa, unha viaxe a través da historia dos sabores, en palabras da entidade supramunicipal (composta polos concellos da Pobra, Boiro, Ribeira e Rianxo) […] A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este xoves 22 de xaneiro no salón turístico FITUR que se está a celebrar en Madrid a súa nova proposta de posicionamento turístico baixo o lema Barbanza Arousa, unha viaxe a través da historia dos sabores, en palabras da entidade supramunicipal (composta polos concellos da Pobra, Boiro, Ribeira e Rianxo)
A Mancomunidade Barbanza Arousa presentou este xoves 22 de xaneiro no salón turístico FITUR que se está a celebrar en Madrid a súa nova proposta de posicionamento turístico baixo o lema Barbanza Arousa, unha viaxe a través da historia dos sabores, en palabras da entidade supramunicipal (composta polos concellos da Pobra, Boiro, Ribeira e Rianxo) “unha aposta clara e coherente que sitúa a enogastronomía e os produtores locais como eixos estratéxicos do desenvolvemento turístico do territorio”.
Esta proposta nace da identidade propia de Barbanza Arousa e pon en valor un patrimonio construído ao longo de xeracións, profundamente ligado ao mar e á terra, indicaron os concellos, apuntando que estamos ante “un territorio onde os sabores nacen da paisaxe, do traballo nas rías, da tradición conserveira, da viticultura e do respecto por unha contorna natural excepcional”.

Esta estratexia desenvólvese a través do Plan de Sustentabilidade Turística, que culmina en 2026 e que está a permitir transformar recursos históricos e industriais en experiencias turísticas de alto valor engadido. Iniciativas como o museo da salgadura, o museo da conserva, roteiros temáticos, aulas enogastronómicas e propostas inmersivas “reforzan un destino coherente, competitivo e aliñado coas novas demandas do viaxeiro”, sinalou a mancomunidade, salientando tamén a importancia da cooperación entre os catro concellos que integran Barbanza Arousa, así como a colaboración co sector privado, “como piares fundamentais para avanzar cara a un modelo turístico máis profesional, sostíbel e de calidade”.
A presentación iniciouse da man da xerente da Mancomunidade, Fátima Cachafeiro, que fixo fincapé en que “o importante son as persoas do noso territorio que fan realidade que hoxe presentemos a Barbanza Arousa como o lugar onde nacen os sabores”. A continuación, proxectouse o audiovisual que transmitiu ao público asistente unha historia na que se reflicte que Barbanza Arousa é o lugar onde nacen os sabores.
O acto continuou coa intervención de Cesáreo Pardal, presidente do Clúster do Turismo de Galicia, que destacou que “a estratexia de Barbanza Arousa está aliñada cos obxectivos da estratexia de Turismo de Galicia 2030, reinventándose sen perder a autenticidade”.
Deseguido foi a intervención de José Carlos Vidal, presidente da mancomunidade, que destacou a importancia de cooperación entre os catro concellos e a colaboración co sector privado. A continuación, realizou a súa intervención Xosé Regueira, vicepresidente da Deputación da Coruña e deputado de turismo, que destacou a importancia da enogastronomía para Barbanza Arousa e Galicia en xeral, sendo noso “Silicon Valley”, subliñando “o talento dos nosos sectores produtivos”. Pechou o acto a intervención de Xosé Manuel Merelles, director da Axencia de Turismo de Galicia, que coas súas palabras quixo remarcar o traballo da Mancomunidade Barbanza Arousa como “un territorio que leva moito tempo traballando por dar vida a estes municipios”; así mesmo Merelles indicou que “Barbanza Arousa é un exemplo de xestión”.
A participación da Mancomunidade Barbanza Arousa en FITUR 2026 continuou cunha importante axenda de reunións con operadores turísticos e empresas tecnolóxicas seguindo coa estratexia xa iniciada en edicións anteriores.
Barbanza-Arousa | O Barbanza
