Boiro, A Pobra e Rianxo activan o Obradoiro de Emprego Xuventude I, centrado na montaxe e o mantemento de sistemas informáticos

Este luns 28 de outubro inaugurouse en Boiro o Obradoiro de Emprego Xuventude I, organizado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo e centrado en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos. Na posta en marcha as actividades do obradoiro participaron os alcaldes dos ditos municipios (José Ramón Romero, […] Este luns 28 de outubro inaugurouse en Boiro o Obradoiro de Emprego Xuventude I, organizado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo e centrado en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos. Na posta en marcha as actividades do obradoiro participaron os alcaldes dos ditos municipios (José Ramón Romero,  

Este luns 28 de outubro inaugurouse en Boiro o Obradoiro de Emprego Xuventude I, organizado de xeito conxunto polos Concellos de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo e centrado en operacións auxiliares e mantemento de sistemas informáticos. Na posta en marcha as actividades do obradoiro participaron os alcaldes dos ditos municipios (José Ramón Romero, José Carlos Vidal e Julián Bustelo, respectivamente) e máis a delegada da Xunta, Belén do Campo, que puxo en valor o papel destas iniciativas na formación teórico-práctica para mellorar a empregabilidade das persoas participantes ao tempo que contribúen a mellorar servizos para os concellos.

A delegada lembrou tamén que en Boiro está a piques de rematar outro obradoiro de emprego dual e comezará outro dual a finais de ano. A Xunta inviste nestes 3 programas máis de 1,3 millóns de euros.

Volvendo a Xuventude I, a delegada lembrou que conta cunha achega da Xunta de case 410.000 euros para o seu funcionamento e beneficia a 15 persoas.

O alumnado terá a oportunidade de formarse en ámbitos de gran demanda por parte das empresas, como por exemplo a montaxe de equipos informáticos e as operacións auxiliares de mantemento de sistemas informáticos, ademais de realizar operacións auxiliares con Tecnoloxías de Información e Comunicación (TIC). A maiores, obterán un certificado de profesionalidade e, unha vez completen a formación, brindaráselles a posibilidade de traballar nunha empresa do ámbito das materias impartidas.

Como dixemos, a través deste obradoiro ofertáronse 15 prazas de persoal laboral temporal como alumnos/as traballadores/as que se repartirán entre alumnado dos tres municipios do Barbanza. O contrato de traballo será para a formación en alternancia, cunha retribución do salario mínimo interprofesional e unha xornada de traballo a tempo completo durante 12 meses en horario de 7.30 a 15.30 horas de luns a venres.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas