Boiro acolle o sábado unha nova Velada de Boxeo que servirá de homenaxe a Luis Torrado Treus

O Concello de Boiro colabora co Club Torrado Treus na celebración da Velada de Boxeo – II Memorial Torrado Treus, que terá lugar este sábado 15 de marzo a partir das 19.00 horas no Pavillón de Barraña. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste mércores 12 de marzo na presentación da proba […] O Concello de Boiro colabora co Club Torrado Treus na celebración da Velada de Boxeo – II Memorial Torrado Treus, que terá lugar este sábado 15 de marzo a partir das 19.00 horas no Pavillón de Barraña. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste mércores 12 de marzo na presentación da proba  

O Concello de Boiro colabora co Club Torrado Treus na celebración da Velada de Boxeo – II Memorial Torrado Treus, que terá lugar este sábado 15 de marzo a partir das 19.00 horas no Pavillón de Barraña.

O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na mañá deste mércores 12 de marzo na presentación da proba xunto con Manuel Planas, presidente da Federación Galega de Boxeo; e José Antonio Fernández, presidente do Club Torrado Treus.

A Velada de Boxeo contará con oito combates, amateur entre os que haberá unha feminino: 4 pelexas neo pro, 2 pelexas de elite e 2 pelexas e nos que participarán un total de 16 deportistas.

“Para o Concello de Boiro é un orgullo colaborar cun evento coma este que homenaxea a un veciño noso e que da a coñecer este deporte que cada vez está máis estendido”, afirmou o concelleiro de Deporte, Marcos Fajardo.

As entradas para asistir están á venda e poden conseguirse de xeito anticipado no Ximnasio Ozono, en Motor Café ou en Recambios Triñanes a un prezo de 13 euros en cadeira e 11 euros en grada; así como no mesmo día do evento na billeteira a un prezo de 15 euros en cadeira e 13 euros en grada.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas