Boiro celebra esta “finde” unha festa dobre do comercio local: o Black Friday e a Noite Aberta

A patronal boirense (ABE), coa colaboración do Concello de Boiro, volve a organizar unha edición especial da Noite Aberta esta fin de semana, que se complementa este venres 29 coa celebración do Venres Negro (Black Friday). Os 32 comercios participantes ofrecerán importantes descontos durante as dúas xornadas e os clientes que realicen as súas compras […] A patronal boirense (ABE), coa colaboración do Concello de Boiro, volve a organizar unha edición especial da Noite Aberta esta fin de semana, que se complementa este venres 29 coa celebración do Venres Negro (Black Friday). Os 32 comercios participantes ofrecerán importantes descontos durante as dúas xornadas e os clientes que realicen as súas compras  

A patronal boirense (ABE), coa colaboración do Concello de Boiro, volve a organizar unha edición especial da Noite Aberta esta fin de semana, que se complementa este venres 29 coa celebración do Venres Negro (Black Friday).

Os 32 comercios participantes ofrecerán importantes descontos durante as dúas xornadas e os clientes que realicen as súas compras na finde e rexistren os tíckets na aplicación da ABE participarán no sorteo de 3 premios de 100€ en Bonos ABE para utilizar, sen caducidade, en calquera dos 207 negocios asociados.

O sábado terá lugar en Boiro a Noite Aberta, na que os ingredientes fundamentais serán os descontos, os sorteos, os agasallos e as actividades infantís.

Os 32 negocios participantes estarán sinalizados cunhas bandeiras rosas elaboradas para a ocasión.

Chocolatada e agasallo de bolsas

Na xornada do sábado 30 de 17:30 a 21:30 a ABE colocará unha haima na Rúa Santos Mieites onde os clientes que presenten un tícket de compra superior a 10 € do venres ou sábado dos negocios participantes recibirán un convite a 1 chocolate con churros recen feito pola churreira que nos acompañará no horario indicado.

Ademais os 300 primeiros clientes que presenten un tícket de compra do venres ou do sábado dos negocios participantes terán como regalo unha bolsa de algodón orgánico.

Colaboración do Concello

Por parte do concello, como é habitual, acenderase parte do alumeado de Badal para dar un toque de cor ás rúas mais comerciais da vila boirense e, ademais, programarase as 18:00 hs do sábado o espectáculo de musica infantil para crianzas de mais de 3 anos Cantamos con Luís!

(Nota: en caso de choiva as actividades trasladaranse ao local multiusos da Praza de Abastos).

Coma sempre nos comercios organízanse diferentes actividades especiais que se poden consultar, xunto cos descontos e o resto do programa tanto na web da ABE coma nas redes sociais.

A Noite Aberta de Boiro conta coa colaboración do Concello de Boiro e está co-financiada pola Xunta de Galicia.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas