Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 220.000,00 euros para executar unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025-2026. Trátase dun programa que os tres concellos desenvolven de forma conxunta co obxectivo de “lograr unha maior empregabilidade […] Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 220.000,00 euros para executar unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025-2026. Trátase dun programa que os tres concellos desenvolven de forma conxunta co obxectivo de “lograr unha maior empregabilidade
Os Concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra reciben unha subvención da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración por importe de 220.000,00 euros para executar unha nova edición do Programa Integrado de Emprego para o curso 2025-2026.
Trátase dun programa que os tres concellos desenvolven de forma conxunta co obxectivo de “lograr unha maior empregabilidade na comarca”. Baséase nunha metodoloxía innovadora onde as persoas usuarias son protagonistas da súa propia transición profesional con formación innovadora, emprego de tecnoloxías e plataformas dixitais, colaboración directa con empresas e adaptación do programa a necesidades locais e sectores da comarca.
O enfoque para o novo curso é “dunha renovación case total das actividades formativas co obxectivo de adaptarse ás novas necesidades e demandas das empresas da zona”, informaron os Concellos, que propoñen a través desta iniciativa formacións como acompañamento en transporte escolar, organización de almacén, operacións básicas de caixa, técnicas e procedementos de limpeza en aloxamentos, xestión de recepción, cociña, pastelería, peixaría, chacinaría… Ademais contará con formación adaptada ao manexo de novas tecnoloxías como Office, iniciación á creación de páxinas web, sinatura dixital, chatGPT e Intelixencia Artificial…
O programa terá unha duración de 12 meses e poderán participar 100 mulleres e homes desempregados e inscritos como demandantes de emprego. Como noutras edicións poñeranse a disposición das persoas usuarias servizos de conciliación, adaptación de horarios e tamén formación online para aumentar as posibilidades de interacción e participación.

Barbanza-Arousa | O Barbanza