Cambios na axenda do 25N da Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción)

A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) compartiu a súa axenda modificada do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que incluíu este xoves, a xeito de apertura, a proxección no Centro Lustres Rivas de tres curtametraxes de tres directoras palestinas (Electrical Gaza de Rosalind Nashashibi, Your father was born […] A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) compartiu a súa axenda modificada do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que incluíu este xoves, a xeito de apertura, a proxección no Centro Lustres Rivas de tres curtametraxes de tres directoras palestinas (Electrical Gaza de Rosalind Nashashibi, Your father was born  

A Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) compartiu a súa axenda modificada do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que incluíu este xoves, a xeito de apertura, a proxección no Centro Lustres Rivas de tres curtametraxes de tres directoras palestinas (Electrical Gaza de Rosalind Nashashibi, Your father was born a 100 years old, and so was The Nakba, de Razan Alsalah, e The silent protest: Jerusalem 1929, de Mahasen Nasser-Eldin).

Polo que se refire ás actividades programadas por Mulleres do Barbanza para este 25 de novembro, a asociación organizará ás 12.00 horas, na praza de España (en Ribeira) un acto institucional con motivo do 25N, en colaboración co Concello. Logo, a carón da Columna das Vidas Fendidas (praza do Concello)e a partir das 13.15 horas, descubrirase unha placa en memoria de Andrea Yturry Alave, asasinada pola súa ex-parella este ano en Palmeira, e de todas as vítimas da violencia machista asasinadas no que vai de ano.

Polo serán, ás 20.00 horas, a actividade trasladarase á praza da Porta do Sol (a carón da Igrexa Parroquial de Santa Uxía), onde, coa colaboración de Somos Human@s Somos Refuxio e BDS Barbanza,renderase un tributo especial ás mulleres palestinas. Previamente realizarase unha performance para visualizar a “insoportábel perda de vidas de mulleres, nenas e nenos vítimas da violencia machista”. Amais, lerase un manifesto polo 25N.

Organiza a Asociación de Mulleres do Barbanza (Mulleres en Acción) coa colaboración do Concello de Ribeira.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas