Cáritas de Aguiño fai unha chamada a participar na VI Milla/Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora 2025

Este xoves 9 de xaneiro pola mañá congregáronse no paseo do Touro (Ribeira) o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de Aguiño, Julia Rey para animar a participar á veciñanza na sexta edición da Milla-Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora, que se celebrará o vindeiro domingo […] Este xoves 9 de xaneiro pola mañá congregáronse no paseo do Touro (Ribeira) o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de Aguiño, Julia Rey para animar a participar á veciñanza na sexta edición da Milla-Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora, que se celebrará o vindeiro domingo  

Este xoves 9 de xaneiro pola mañá congregáronse no paseo do Touro (Ribeira) o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes e a presidenta de Cáritas de Aguiño, Julia Rey para animar a participar á veciñanza na sexta edición da Milla-Andaina Solidaria Heroínas de Sálvora, que se celebrará o vindeiro domingo día 12 a partir das 11:00 h no porto de Aguiño.

A inscrición é online e presencial e terá un custo de 5,00 euros, sinalaron, engadindo que o prazo online de inscrición remata este xoves día 9 ás 23:59 h na web Galitiming.

Indicaron tamén que poderase facer inscrición presencial o domingo 12 na Lonxa de Aguiño.

O concelleiro Abraldes deu as grazas a Julia Rey e a todo o seu equipo “que traballan arreo durante todo o ano facendo un gran esforzo pola
comunidade” e tamén quixo animar a veciñanza a apuntarse á andaina e ademais haberá chocolatada para todos e todas na Lonxa de Aguiño”.

Vidal e Rey tamén lanzaron un convite a “estarmos todos e todas camiñando pola solidariedade en Aguiño o vindeiro domingo”.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas