Carlos Blanco estará en Rianxo este domingo co seu espectáculo “A penúltima”

Este domingo 22 de marzo o contador, actor e humorista arousán Carlos Blanco estará no Auditorio Municipal de Rianxo para ofrecer ao público local o espectáculo A penúltima. Será a partir das 18.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Organiza Condetrespés, coa colaboración do Concello de Rianxo. Carlos Blanco presenta A Penúltima, un […] Este domingo 22 de marzo o contador, actor e humorista arousán Carlos Blanco estará no Auditorio Municipal de Rianxo para ofrecer ao público local o espectáculo A penúltima. Será a partir das 18.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Organiza Condetrespés, coa colaboración do Concello de Rianxo. Carlos Blanco presenta A Penúltima, un  

Este domingo 22 de marzo o contador, actor e humorista arousán Carlos Blanco estará no Auditorio Municipal de Rianxo para ofrecer ao público local o espectáculo A penúltima. Será a partir das 18.30 horas. As entradas están á venda en Ataquilla.com. Organiza Condetrespés, coa colaboración do Concello de Rianxo.

Carlos Blanco presenta A Penúltima, un novo espectáculo no que volve combinar humor, memoria e unha ollada irónica sobre o paso do tempo. Imaxes, historias novas e outras xa coñecidas entrelázanse nun monólogo no que a risa está garantida.

Durante algo máis dunha hora, Carlos Blanco ofrece un espectáculo divertido, lúcido e, en certo modo, curativo.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas