A Xunta de Galicia impulsou co inicio do ano unha iniciativa contra o ciberacoso escolar, fíxoo coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a […] A Xunta de Galicia impulsou co inicio do ano unha iniciativa contra o ciberacoso escolar, fíxoo coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a
A Xunta de Galicia impulsou co inicio do ano unha iniciativa contra o ciberacoso escolar, fíxoo coa posta en marcha do programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, que será implementado en 50 centros educativos públicos durante este curso 2024/25. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de 3º a 6º de Primaria e implicará a participación de arredor de 3.500 estudantes.
Entre os ditos centros inclúense o CEIP Santa Baia de Boiro, o CEIP Santa Irene de Porto do Son e os CEIP de Frións e Carreira (Ribeira).
O programa consiste nunha representación teatral de 45 minutos, desenvolvida polo grupo A Xanela do Maxín, na que se recrean situacións de acoso e ciberacoso escolar mediante o uso de máscaras, figuras animadas e xogos de rol.
Segundo explicou a Consellería de Educación, esta actividade promove a reflexión activa e o pensamento crítico do alumnado, que colabora despois da representación propoñendo solucións aos conflitos escenificados. Engade que “este método busca reforzar valores como a igualdade, a non discriminación e a resolución pacífica dos conflitos, aspectos xa integrados nos currículos educativos e nas políticas de convivencia escolar”.
Os 50 centros educativos seleccionados terán a oportunidade de desenvolver esta actividade ao longo do curso 2024/25, coa colaboración do profesorado e dos equipos de orientación. Cada sesión está deseñada para integrar de maneira dinámica ao alumnado, converténdoo en protagonista activo da reflexión e a busca de solucións ante situacións de acoso.
A iniciativa insírese no marco do Plan Integral contra o Acoso e o Ciberacoso Escolar, desenvolvido pola Xunta de Galicia como parte da Estratexia galega de convivencia escolar Educonvives 2025, que ten como obxectivo fortalecer a cultura do respecto, da tolerancia e da convivencia nos centros educativos.
O programa Pasando a bóla, xogando para cambiar, organizado por primeira vez desde a Consellería de Educación, representa un compromiso da Xunta de Galicia coa tolerancia cero fronte ao acoso escolar, empregando ferramentas innovadoras que combinan o enfoque lúdico coa educación en valores.
Barbanza-Arousa | O Barbanza