Caxoto rebenta os estereotipos tradicionais dos relatos para a rapazada este xoves no Auditorio de Rianxo

No marco das celebracións do 8M en Rianxo, Día Internacional da Muller, o Auditorio Municipal vai acoller este xoves 6 de marzo, ás 18.00 horas, a función Contos vellos, novos finais, a cargo de Caxoto e A Trastenda dos Contos. Trátase dunha narración na que teñen cabida un amplo abano de historias e reflexións arredor […] No marco das celebracións do 8M en Rianxo, Día Internacional da Muller, o Auditorio Municipal vai acoller este xoves 6 de marzo, ás 18.00 horas, a función Contos vellos, novos finais, a cargo de Caxoto e A Trastenda dos Contos. Trátase dunha narración na que teñen cabida un amplo abano de historias e reflexións arredor  

No marco das celebracións do 8M en Rianxo, Día Internacional da Muller, o Auditorio Municipal vai acoller este xoves 6 de marzo, ás 18.00 horas, a función Contos vellos, novos finais, a cargo de Caxoto e A Trastenda dos Contos.

Trátase dunha narración na que teñen cabida un amplo abano de historias e reflexións arredor da igualdade entre homes e mulleres: os estereotipos, a coeducación, os tipos de violencia, a diversidade sexual. A duración estimada do espectáculo é de 60 minutos.

Organiza a Concellería de Poĺítica Social do Concello de Rianxo.

Contos vellos, novos finais é unha actividade dirixida ao público infantil (familiar), da man do narrador oral galego Caxoto. O seu obxectivo é rachar ideas preconcibidas en relación aos roles que supostamente deben desempeñar homes e mulleres. No punto de mira da función están os modelos de comportamento que se adquiren a idades temperás, que condicionan a construción da identidade persoal dos menores.

 Barbanza-Arousa | O Barbanza

Noticias Relacionadas