O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai dar acollida este venres 27 de marzo á función As Fillas Brancas de Momán, unha representación teatral do grupo Chévere para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. A obra de teatro As Fillas Bravas de Momán esta protagonizada por Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e […]
O artigo Chévere leva a Boiro este venres “As Fillas Bravas de Momán” publicouse primeiro en O Barbanza. O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai dar acollida este venres 27 de marzo á función As Fillas Brancas de Momán, unha representación teatral do grupo Chévere para público adulto. A cita será ás 21.00 horas. A obra de teatro As Fillas Bravas de Momán esta protagonizada por Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e
O artigo Chévere leva a Boiro este venres “As Fillas Bravas de Momán” publicouse primeiro en O Barbanza.

O Centro Social de Abanqueiro (Boiro) vai dar acollida este venres 27 de marzo á función As Fillas Brancas de Momán, unha representación teatral do grupo Chévere para público adulto. A cita será ás 21.00 horas.
A obra de teatro As Fillas Bravas de Momán esta protagonizada por Isaura da Pinanta, Dosinda de Cachán e Benedita de Cachán.
As Fillas Bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque, en palabras de Chévere, “todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira”.
As Fillas Bravas viven en Momán, unha aldea que “representa todas as aldeas e na que todo é posíbel”.
As Fillas Bravas é un recital teatralizado que actualiza a vixencia dos valores que as mulleres achegaron á cultura tradicional, creando e transmitindo un tremendo repertorio de creatividade colectiva arredor da música, o baile e o canto. É tamén un traballo de investigación sobre a sexualidade, as relacións de xénero e os roles da muller na sociedade tradicional que aparecen reflexados nas coplas do cancioneiro popular galego, para o que se fixo un traballo de procura, escolma e adaptación de textos de transmisión oral.
Chévere explica deste xeito a xénese da proposta: “Con este proxecto, estreado en xuño do 2014, quixémonos achegar a algunhas zonas nas que intuímos que a muller gozou de autonomía, extraendo textos do cancioneiro que poidan alumear xestos de rebeldía e autoafirmación. Cuestionar esoutro estereotipo que caracteriza a sociedade galega rural como conservadora, atrasada, inmobilizada, submisa, que reduce ás mulleres ao ámbito privado da familia. Porque no rural galego as mulleres non se limitaban a desempeñar un rol reprodutivo, senón que participaban de todas as tarefas do traballo comunitario. De aí que a súa presenza na esfera pública da aldea fose un feito asumido e normal. Nos textos do cancioneiro popular galego atópanse testemuñas destes roles produtivos asumidos polas mulleres, da existencia habitual de relacións sexuais fóra do matrimonio, da denuncia de abusos, acoso e violacións, de prácticas anticonceptivas e abortivas, de autoafirmación da muller fronte o home, publicados desde a segunda metade do século XIX”.
Entradas na billeteira dende unha hora antes da función.
Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza
