Colexios de Rianxo e Ribeira solidarízanse cos escolares e co pobo saharauí

A Comisión de Ensino da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui levou a cabo varias actividades na comarca do Barbanza. A través dunha destas actividades, tres colexios de Educación Primaria  de Rianxo veñen de irmandarse este curso con tres centros escolares dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf. O CEIP Ana Mª Diéguez de […]
O artigo Colexios de Rianxo e Ribeira solidarízanse cos escolares e co pobo saharauí publicouse primeiro en O Barbanza. A Comisión de Ensino da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui levou a cabo varias actividades na comarca do Barbanza. A través dunha destas actividades, tres colexios de Educación Primaria  de Rianxo veñen de irmandarse este curso con tres centros escolares dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf. O CEIP Ana Mª Diéguez de
O artigo Colexios de Rianxo e Ribeira solidarízanse cos escolares e co pobo saharauí publicouse primeiro en O Barbanza.  

A Comisión de Ensino da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui levou a cabo varias actividades na comarca do Barbanza.

A través dunha destas actividades, tres colexios de Educación Primaria  de Rianxo veñen de irmandarse este curso con tres centros escolares dos campamentos de refuxiados saharauís en Tindouf.

O CEIP Ana Mª Diéguez de Asados, o CEP Xosé Mª Brea Segade de Taragoña e o CEIP A.D.R. Castelao de Rianxo ultiman os seus primeiros envíos a tres escolas do campamento de refuxiados de Bojador, a escola Mahfud Ali Beiba, a escola Salem Ahmed Barikhalla e a escola Elel Andalla. 

O irmandamento é un proxecto da Comisión de Ensino da Asociación Galega de Solidariedade co Pobo Saharaui (SOGAPS) en colaboración co Ministerio de Educación da Republica Árabe Saharaui Democrática (RADS). Os tres centros de ensino rianxeiros participan por segundo ano consecutivo en iniciativas solidarias co pobo saharauí. O curso pasado, dentro do proxecto Abrigo e acubillo, descubriron a realidade dos campamentos de refuxiados no deserto do Sáhara e elaboraron colchas solidarias, que se sortearon nun festival en apoio ao pobo saharauí en Rianxo.

Desta volta, o alumnado dos tres colexios elaborou materiais educativos para enviar a centros escolares dos campamentos. Cada centro escolleu o tipo de material a elaborar: xogos de mesa, libros, dicionarios en imaxes, guías de Rianxo, vídeos presentando o seu centro escolar… Tres paquetes con traballos do alumnado rianxeiro viaxarán aos campamentos de refuxiados saharauís a finais de marzo con voluntarios/as da Comisión de Ensino de SOGAPS e serán entregados nas escolas do asentamento de Bojador. Desde o Sáhara viaxarán cara a Rianxo tres paquetes con traballos escolares de nenos e nenas saharauís.

A Comisión de Ensino de SOGAPS está a desenvolver, tamén no Barbanza, o proxecto Abrigo e Acubillo en centros escolares de Ribeira. O alumnado do CEIP de Artes e do CEIP de Olveira, tras  coñecer a realidade dos campamentos de refuxiados saharauís por medio de charlas impartidas nos centros, elaborou dúas colchas solidarias que serán sorteadas nun festival despois de Semana Santa.

Solidariedade Galega co Pobo Saharaui busca dar a coñecer a causa do pobo saharauí e a dura realidade dos campamentos de refuxiados e desenvolver iniciativas solidarias que permitan financiar proxectos como Vacacións en Paz, que consiste no acollemento temporal en familias de menores saharauís, durante os meses do verán. Neste momento está aberta a campaña de novas familias de acollida para Vacacións en Paz 2026. Os proxectos en centros escolares, coordinados pola Comisión de Ensino, constitúen unha parte fundamental do traballo en sensibilización e fomento da solidariedade entre os pobos.

 Barbanza-Arousa arquivos – O Barbanza

Noticias Relacionadas