O Museo de Pontevedra comeza este martes 7 de xaneiro as actividades polo Ano Castelao, conmemorando o 75 aniversario do pasamento do ilustre rianxeiro cunha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas que lle dedica o Museo, e ás 19:30 horas unha sesión de cine e música: a proxección de Castelao: de chumbo a […] O Museo de Pontevedra comeza este martes 7 de xaneiro as actividades polo Ano Castelao, conmemorando o 75 aniversario do pasamento do ilustre rianxeiro cunha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas que lle dedica o Museo, e ás 19:30 horas unha sesión de cine e música: a proxección de Castelao: de chumbo a
O Museo de Pontevedra comeza este martes 7 de xaneiro as actividades polo Ano Castelao, conmemorando o 75 aniversario do pasamento do ilustre rianxeiro cunha visita guiada especial ás 18:00 horas ás salas que lle dedica o Museo, e ás 19:30 horas unha sesión de cine e música: a proxección de Castelao: de chumbo a verba e a actuación de María do Ceo.
Segundo explica a Deputación, de quen depende o Museo, a visita guiada percorrerá as dúas salas nas que se exhibe unha parte das máis de 1.800 obras súas que conserva o dito edificio de exposicións. “Nelas está moi presente a súa faceta de artista, pero tamén as de escritor e político galeguista, imposibles de desligar daquela”, engade a Deputación. A visita terá unha duración de arredor de 60 minutos e, durante este ano, repetirase o primeiro martes de cada mes. É necesaria a inscrición previa, que se pode facer a través dun formulario dispoñíbel na web do Museo.
Ás 19:30 horas celebrarase a proxección e a actuación musical. A música correrá a cargo de Maria do Ceo, unha das voces que mellor conecta Galicia e Portugal. Nacida en Oporto, creceu artisticamente no fado, e a el segue dedicando a súa vida. Desde Cartas de Amor (1997), o seu primeiro disco, leva realizado centenares de concertos e catorce discos que marcan un itinerario emocional con múltiples recoñecementos desde as dúas beiras do Miño.
A continuación proxectarase Castelao: de chumbo a verba, un documental ficcionado no que se mestura a época actual, os anos centrais da vida de Castelao e imaxes de arquivo para axudar a entender o seu pensamento e a súa dimensión cultural e política. Dirixido por Miguel López en 2017, con Miguel Pernas, Uxía Blanco e Iago Novoa no elenco. Ten unha duración de 60 minutos.
Máis actividades polo Ano Castelao
Ao longo do ano, o Museo de Pontevedra vai desenvolver máis accións conmemorativas. O Museo custodia a maior parte da súa obra artística, ademais da súa biblioteca persoal e importante documentación sobre unha figura clave para entender o século XX en Galicia desde o punto de vista artístico, literario e político.
Ademais das actividades presenciais, o Museo lembra que ten dispoñibles a través da web varias opcións para achegarse á obra de Castelao: explorar as obras que forman a súa colección no Museo, realizar unha visita virtual polas salas do Museo e descargar en PDF o libro Esenciais. Castelao no Museo de Pontevedra, unha introdución á súa figura e á obra presentes na nosa institución.
Barbanza-Arousa | O Barbanza